Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 101 Venres, 27 de maio de 2022 Páx. 31411

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Vilamartín de Valdeorras

ANUNCIO da oferta de emprego público para a estabilización do emprego temporal.

O Concello de Vilamartín de Valdeorras, mediante a Resolución da Alcaldía número 151/2022, do 16 de maio, e 152/2022, do 18 de maio, de corrección de erros, acordou aprobar a oferta de emprego público de 2022 para a estabilización do emprego temporal, que cumpre as previsións da Lei 20/2021, do 28 de decembro, de medidas urxentes para a redución da temporalidade no emprego público, cuxas prazas se detallan a seguir:

Aprobar a oferta de emprego público para a estabilización do emprego temporal conforme as previsións da Lei 20/2021, do 28 de decembro, de medidas urxentes para a redución da temporalidade no emprego público, coa seguinte relación de prazas, referentes á disposición adicional sexta la lei:

Disposición adicional sexta da Lei 20/2021

Persoal laboral:

Categoría laboral: peón limpeza.

Vacantes: 1.

Denominación do posto: limpador/a vías municipais e instalacóns municipais.

Sistema de acceso: concurso.

Categoría laboral: diplomatura traballo social.

Vacantes: 1.

Denominación do posto: traballador/a social.

Sistema de acceso: concurso.

Categoría laboral: oficial primeira, fontaneiro.

Vacantes: 1.

Denominación do posto: fontaneiro.

Sistema de acceso: concurso.

Categoría laboral: oficial servizos múltiples, electricista.

Vacantes: 1.

Denominación do posto: electricista.

Sistema de acceso: concurso.

Categoría laboral: oficial tercera, albanel.

Vacantes: 1.

Denominación do posto: albanel.

Sistema de acceso: concurso.

En cumprimento do artigo 91 da Lei 7/1985, do 2 de abril, da Lei reguladora das bases de réxime local, e o artigo 70.2 do texto refundido da Lei do Estatuto básico do empregado público, aprobado polo Real decreto lexislativo 5/2015, do 30 de outubro, publícase a oferta de emprego público para a estabilización de emprego temporal do Concello de Vilamartín de Valdeorras.

Contra esta resolución pódese interpoñer alternativamente recurso de reposición ante o alcalde, no prazo dun mes, ou recurso contencioso-administrativo, ante o xulgado do contencioso-administrativo competente ou, a elección do interesado, o que corresponda ao seu domicilio, no prazo de dous meses.

Se se opta por interpor o recurso de reposición potestativo, non se poderá interpor recurso contencioso-administrativo ata que aquel sexa resolto. Todo iso sen prexuízo de que o interesado poida interpor calquera outro recurso que puidese considerar máis conveniente ao seu dereito.

Vilamartín de Valdeorras, 18 de maio de 2022

Enrique Álvarez Barreiro
Alcalde