Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 102 Luns, 30 de maio de 2022 Páx. 31620

III. Outras disposicións

Consellería do Mar

RESOLUCIÓN do 18 de maio de 2022, da Dirección Xeral de Pesca, Acuicultura e Innovación Tecnolóxica, pola que se dá publicidade á modificación da Resolución do 24 de setembro de 2021 pola que se incorpora á sede electrónica da Xunta de Galicia o procedemento para realizar altas, baixas e modificacións no Rexistro Galego de Explotacións Acuícolas (código de procedemento PE715C).

Por Resolución do 24 de setembro de 2021, da Dirección Xeral de Pesca, Acuicultura e Innovación Tecnolóxica (DOG núm. 195, do 8 de outubro), incorporouse á sede electrónica o procedemento para realizar altas, baixas e modificacións no Rexistro Galego de Explotacións Acuícolas para a súa tramitación dentro da sede electrónica da Xunta de Galicia.

Coa publicación da Resolución do 24 de setembro de 2021, da Dirección Xeral de Pesca, Acuicultura e Innovación Tecnolóxica, perséguese a finalidade de incorporar á sede electrónica da Xunta de Galicia o procedemento para realizar altas, baixas e modificacións no Rexistro Xeral de Explotacións Gandeiras (en adiante, Rega) das explotacións acuícolas de Galicia.

A Lei 8/2003, do 24 de abril, de sanidade animal (BOE núm. 99, do 25 de abril), estableceu no artigo 38.1 que todas as explotacións animais deberían estar rexistradas na comunidade autónoma en que radiquen e os datos básicos destes rexistros ser incluídos nun rexistro nacional de carácter informativo. Este rexistro nacional creouse o ano 2004 coa publicación do Real decreto 479/2004, do 26 de marzo, polo que se establece e se regula o Rexistro Xeral de Explotacións Gandeiras (Rega).

O Real decreto 1614/2008, do 3 de outubro, relativo aos requisitos zoosanitarios dos animais e dos produtos da acuicultura, así como á prevención e ao control de determinadas enfermidades dos animais acuáticos (BOE núm. 242, do 7 de outubro) creou, a nivel nacional, o Rexistro de Explotacións de Acuicultura, integrado no Rexistro de Explotacións Gandeiras (Rega), e estableceu a obriga de rexistrar e autorizar no Rega todas as explotacións de acuicultura, incluídas as explotacións de moluscos.

A Resolución do 24 de setembro de 2021, da Dirección Xeral de Pesca, Acuicultura e Innovación Tecnolóxica, habilita cambios no Rexistro Galego de Explotacións Acuícolas, que aínda non está creado, cando debería referirse ao Rexistro Xeral de Explotacións Gandeiras (Rega) das explotacións acuícolas de Galicia.

Por outra banda, as altas, baixas e modificacións no Rega recóllense na aplicación informática REGAN, mediante a que se dá traslado ao Rexistro de Explotacións Gandeiras do Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación, co obxecto de arquivar nun único sitio a información sobre as explotacións gandeiras de toda España.

De conformidade con todo o anterior, no exercicio das facultades que me confire o artigo 34 da Lei 1/1983, do 22 de febreiro, de normas reguladoras da Xunta e da súa Presidencia, e o Decreto 50/2021, do 11 de marzo, polo que se aproba a estrutura orgánica da Consellería do Mar,

RESOLVO:

Modificar a Resolución do 24 de setembro de 2021, da Dirección Xeral de Pesca, Acuicultura e Innovación Tecnolóxica, pola que se incorpora á sede electrónica da Xunta de Galicia o procedemento para realizar altas, baixas e modificacións no Rexistro Galego de Explotacións Acuícolas (código de procedemento PE715C), do seguinte xeito:

Primeiro. Modifícase o título da resolución, que pasa a denominarse Resolución do 24 de setembro de 2021, da Dirección Xeral de Pesca, Acuicultura e Innovación Tecnolóxica, pola que se incorpora á sede electrónica da Xunta de Galicia o procedemento para realizar altas, baixas e modificacións no Rexistro Xeral de Explotacións Gandeiras (Rega) dos establecementos de acuicultura de Galicia (código de procedemento PE715C).

Segundo. Substitúense todas as referencias ao Rexistro Galego de Explotacións Acuícolas por Rexistro Xeral de Explotacións Gandeiras (Rega) dos establecementos de acuicultura de Galicia.

Terceiro. Modifícase o parágrafo cuarto do punto primeiro, que queda redactado da seguinte forma:

Os datos das altas, baixas e modificacións do Rexistro Xeral de Explotacións Gandeiras (Rega) dos establecementos de acuicultura de Galicia serán trasladados ao Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación, co obxecto de arquivar nun único sitio a información sobre as explotacións gandeiras de toda España.

Cuarto. En consonancia cos cambios realizados nos puntos anteriores, modifícanse os anexos I e II, que se xuntan a esta resolución coa súa nova redacción.

En todo o restante, mantense a plena validez do contido da Resolución do 24 de setembro de 2021, da Dirección Xeral de Pesca, Acuicultura e Innovación Tecnolóxica, pola que se incorpora á sede electrónica da Xunta de Galicia o procedemento para realizar altas, baixas e modificacións no Rexistro Galego de Explotacións Acuícolas (código de procedemento PE715C).

Esta resolución producirá efectos a partir do día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 18 de maio de 2022

Mercedes Rodríguez Moreda
Directora xeral de Pesca, Acuicultura e Innovación Tecnolóxica

missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file