Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 102 Luns, 30 de maio de 2022 Páx. 31676

III. Outras disposicións

Consello da Cultura Galega

RESOLUCIÓN do 18 de maio de 2022 pola que se dá publicidade dos convenios de colaboración subscritos no primeiro cuadrimestre do ano 2022.

Para os efectos previstos no artigo 1 da Lei 16/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e boas prácticas na Administración pública galega, acórdase darlles publicidade aos convenios de colaboración subscritos polo Consello da Cultura Galega, no primeiro cuadrimestre do ano 2022, os cales se relacionan no anexo a esta resolución.

Santiago de Compostela, 18 de maio de 2022

Rosario Álvarez Blanco
Presidenta do Consello da Cultura Galega

ANEXO

Convenio

Achega do Consello da Cultura Galega

Data sinatura

Protocolo xeral de actuación entre o Consello da Cultura Galega e a Fundación María José Jove.

Sen achega económica

18.1.2022

Acordo de colaboración entre a Consellería de Emprego e Igualdade e o Consello da Cultura Galega para o desenvolvemento de actividades de protocolización da resposta institucional e asociativa en materia de violencia de xénero e divulgación en materia de prevención e asesoramento, dentro das medidas previstas no Pacto de Estado contra a Violencia de Xénero (Eixe 1. Medidas da 24 á 35).

Sen achega económica

19.1.2022

Convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura, Educación e Universidade e o Consello da Cultura Galega en materia de normalización lingüística.

12.000 €

6.4.2022