Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 102 Luns, 30 de maio de 2022 Páx. 31677

III. Outras disposicións

Axencia Instituto Enerxético de Galicia

RESOLUCIÓN do 20 de maio de 2022 pola que se dá publicidade dun encargo a medio propio realizado por esta axencia.

De conformidade co artigo 8 da Lei 19/2013, do 9 de setembro, de transparencia, acceso á información pública e bo goberno, dáse publicidade ao seguinte encargo a medio propio:

1. Resolución do 31 de marzo de 2022, do Instituto Enerxético de Galicia, pola que se lle encarga ao medio propio Tecnologías y Servicios Agrarios, S.A., SME, MP (Tragsatec) o servizo de apoio técnico-administrativo na tramitación das axudas ao abeiro de programas de incentivos para o fomento das enerxías renovables e/ou aforro e eficiencia enerxética no marco dos fondos relacionados co Plan de recuperación, transformación e resiliencia europeo.

– Actividade: apoio técnico e administrativo na tramitación das axudas ao abeiro de programas de incentivos para o fomento das enerxías renovables e ou aforro e eficiencia enerxética no marco dos fondos relacionados co Plan de recuperación, transformación e resiliencia europeo.

– Natureza e alcance do encargo: encargo a medio propio ao ter a empresa Tecnologías y Servicios Agrarios, S.A., SME, MP (Tragsatec) a consideración de medio propio instrumental e de servizo técnico da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, segundo o establecido na disposición adicional vixésimo cuarta da Lei 9/2017, do 8 de novembro, de contratos do sector público.

– Prazo de vixencia: desde o 1 de abril de 2022 ata o 31 de marzo de 2023.

– Financiamento: tramitouse con cargo aos orzamentos da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2022. O orzamento de execución ascende á cantidade de cento vinte mil setecentos dous euros con oitenta e dous céntimos (120.702,82 €), da aplicación orzamentaria 06 A3 733A 641.90 (código proxecto 202200002), financiados dentro do Fondo de recuperación NextGenerationEU, distribuídos segundo o seguinte cadro de anualidades:

Anualidade

Importe

2022

90.527,11 €

2023

30.175,71 €

Total

120.702,82 €

Santiago de Compostela, 20 de maio de 2022

Paula María Uría Traba
Directora da Axencia Instituto Enerxético de Galicia