Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 103 Martes, 31 de maio de 2022 Páx. 31830

III. Outras disposicións

Consellería de Facenda e Administración Pública

RESOLUCIÓN do 18 de maio de 2022, da Secretaría Xeral Técnica e do Patrimonio da Consellería de Facenda e Administración Pública, pola que se dá publicidade aos convenios de colaboración subscritos no primeiro cuadrimestre do ano 2022.

En virtude do establecido no artigo 15 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno,

DISPOÑO:

Artigo único. Dar publicidade á relación dos convenios subscritos pola Consellería de Facenda e Administración Pública nos meses de xaneiro, febreiro, marzo e abril do ano 2022, que se incorpora como anexo a esta resolución.

Santiago de Compostela, 18 de maio de 2022

Jorge Atán Castro
Secretario xeral técnico e do Patrimonio
da Consellería de Facenda e Administración Pública

ANEXO

Convenios de colaboración subscritos pola Consellería de Facenda e Administración Pública nos meses de xaneiro, febreiro, marzo e abril do ano 2022

Convenio

Achega consellería (€)

Data da sinatura

Protocolo de adhesión do Concello de Mondoñedo ao convenio de colaboración asinado o 30 de setembro de 2020 entre a Axencia Tributaria de Galicia (Atriga) e a Federación Galega de Municipios e Provincias para a cesión de información de carácter tributario, así como dos demais ingresos de dereito público para a concesión de axudas e subvencións e a contratación coa Administración.

Sen achega económica

1.2.2022

Addenda ao convenio entre a Axencia Estatal de Administración Tributaria e a Comunidade Autónoma de Galicia en materia de subministración de información para finalidades non tributarias.

Sen achega económica

17.1.2022

Convenio de colaboración entre a Consellería de Facenda e Administración Pública e a entidade de crédito Bankinter, S.A. polo que se establecen as condicións xerais de presentación telemática de avais ante a Caixa Xeral de Depósitos da Comunidade Autónoma de Galicia.

Sen achega económica

1.2.2022

Protocolo de adhesión do Concello de Muras ao convenio de colaboración asinado o 30 de setembro de 2020 entre a Axencia Tributaria de Galicia (Atriga) e a Federación Galega de Municipios e Provincias para a cesión de información de carácter tributario, así como dos demais ingresos de dereito público para a concesión de axudas e subvencións e a contratación coa Administración.

Sen achega económica

11.2.2022

Convenio de colaboración entre a Axencia Tributaria de Galicia (Atriga) e a Asociación Nacional de Asesores de Empresas Franquiciados para a aplicación das novas tecnoloxías da información nos procedementos de xestión tributaria.

Sen achega económica

15.3.2022

Convenio de colaboración entre a Axencia Tributaria de Galicia (Atriga) e o Concello de Nogueira de Ramuín en materia de recadación en vía executiva.

Sen achega económica

25.4.2022

Convenio de colaboración entre a Axencia Tributaria de Galicia (Atriga) e a Asociación Profesional de Asesores Fiscais e Laborais para a aplicación das novas tecnoloxías da información nos procedementos de xestión tributaria.

Sen achega económica

25.4.2022