Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 103 Martes, 31 de maio de 2022 Páx. 31825

III. Outras disposicións

Vicepresidencia Segunda e Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes

RESOLUCIÓN do 19 de maio de 2022, da Secretaría Xeral da Emigración, pola que se lles dá publicidade aos convenios de colaboración subscritos no primeiro cuadrimestre de 2022.

O artigo 15.2 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, impón a cada consellería ou entidade da Xunta de Galicia a obriga de publicar no Diario Oficial de Galicia unha relación dos convenios de colaboración subscritos no cuadrimestre anterior.

En consecuencia, e para lle dar cumprimento a esa obriga,

DISPOÑO:

Artigo único

Darlle publicidade á relación dos convenios subscritos pola Secretaría Xeral da Emigración nos meses de xaneiro, febreiro, marzo e abril do ano 2022, que se incorpora como anexo a esta resolución.

Santiago de Compostela, 19 de maio de 2022

Antonio Rodríguez Miranda
Secretario xeral da Emigración

ANEXO

Convenios de colaboración subscritos pola Secretaría Xeral da Emigración
nos meses de xaneiro, febreiro, marzo e abril do ano 2022

Título

Obxecto

Achega económica da Secretaría (€)

Data da sinatura

Convenio de colaboración entre a Sociedade Anónima de Xestión do Plan Xacobeo e a Secretaría Xeral da Emigración da Xunta de Galicia para a promoción do Camiño de Santiago desde as entidades galegas no exterior.

Instrumentar a colaboración da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, a través da Sociedade Anónima de Xestión do Plan Xacobeo e da Secretaría Xeral da Emigración, coas entidades galegas no exterior que voluntariamente se adhiran a el para promover e difundir información sobre o Camiño de Santiago e sobre o fenómeno do Ano Santo Xacobeo como centros galegos promotores do Camiño de Santiago.

Sen achega económica

9.2.2022

Convenio de colaboración entre a Secretaría Xeral da Emigración da Xunta de Galicia e a Asociación Cultural Hispano-Gallega Caballeros de Santiago para o mantemento dun punto de información e asesoramento en Salvador de Bahía, Brasil.

Establecer o marco de colaboración entre as entidades asinantes para o mantemento dun punto de información social e asesoramento nas instalacións da Asociación Cultural Hispano-Gallega Caballeros de Santiago de Salvador de Bahía, Brasil.

7.000,00 €

11.3.2022

Convenio de colaboración entre a Secretaría Xeral da Emigración da Xunta de Galicia e a Casa de España en Río de Janeiro co fin de contribuír á atención das necesidades socio-asistenciais básicas da cidadanía galega alí residente e para o mantemento dun punto de información e asesoramento en Río de Janeiro, Brasil.

Establecer o marco da colaboración entre as entidades asinantes para a atención das necesidades socio-asistenciais básicas das persoas galegas maiores residentes en Río de Janeiro que, por razóns de idade, estado físico ou situación de carencia, teñan problemas de autonomía persoal, así como manter un punto de información e asesoramento nas instalacións da Casa de España de Río de Janeiro, Brasil, que difunda as actividades e programas que xestiona a Secretaría Xeral da Emigración e colabore na súa execución.

25.000,00 €

11.3.2022

Convenio de colaboración entre a Secretaría Xeral da Emigración da Xunta de Galicia e a Federación de Sociedades Gallegas de Cuba para o mantemento dunha oficina de información e asesoramento en Cuba e dos puntos de información provinciais.

Establecer o marco da colaboración entre as entidades asinantes para articular o financiamento dos gastos de funcionamento da oficina de información social da Federación de Sociedades Gallegas de Cuba sita na súa propia sede.

65.000,00 €

11.3.2022

Convenio de colaboración entre a Secretaría Xeral da Emigración da Xunta de Galicia e a Academia Galega do Audiovisual para o desenvolvemento dunha programación estable de cine galego en entidades galegas do exterior.

Establecer o marco de colaboración entre a Secretaría Xeral da Emigración e a Academia Galega do Audiovisual para desenvolver unha programación estable de cine galego en 8 entidades galegas no exterior a través do Ciclo Mestre Mateo, un proxecto audiovisual orixinal impulsado pola Academia Galega do Audiovisual.

29.000,00 €

14.3.2022

Convenio de colaboración entre a Secretaría Xeral da Emigración da Xunta de Galicia e o Centro Gallego de Maracaibo para o establecemento dun punto de información e asesoramento en Maracaibo, Venezuela.

Establecer o marco de colaboración entre as entidades asinantes para o establecemento dun punto de información social e asesoramento nas instalacións do Centro Gallego de Maracaibo (Venezuela).

7.000,00 €

15.3.2022

Convenio de colaboración entre a Secretaría Xeral da Emigración da Xunta de Galicia e o Centro Gallego de Puerto de la Cruz para o establecemento dun punto de información e asesoramento en Puerto de la Cruz, Venezuela.

Establecer o marco de colaboración entre as entidades asinantes para o establecemento dun punto de información social e asesoramento nas instalacións do Centro Gallego de Puerto de la Cruz (Venezuela).

7.000,00 €

15.3.2022

Convenio de colaboración entre a Secretaría Xeral da Emigración da Xunta de Galicia e a Hermandad Gallega de Valencia para o establecemento dun punto de información e asesoramento en Valencia, Venezuela.

Establecer o marco de colaboración entre as entidades asinantes para o establecemento dun punto de información social e asesoramento nas instalacións da Hermandad Gallega de Valencia, Venezuela.

7.000,00 €

15.3.2022

Convenio de colaboración entre a Secretaría Xeral da Emigración da Xunta de Galicia e a Hermandad Gallega de Venezuela para o mantemento dunha oficina de información e asesoramento e atención de necesidades socio-asistenciais e sanitarias básicas da cidadanía galega residente en Caracas, Venezuela.

Establecer o marco da colaboración entre as entidades asinantes para articular o financiamento dos gastos de funcionamento da oficina de información social da Hermandad Gallega de Venezuela situada na súa propia sede e contribuír á atención do colectivo galego de emigrantes residentes en Caracas ou na súa área xeográfica que se atopen en situación de necesidade.

55.000,00 €

15.3.2022

Convenio de colaboración entre a Secretaría Xeral da Emigración da Xunta de Galicia e a Hermandad Gallega de Valencia coa finalidade de contribuír á atención das necesidades socio-asistenciais básicas da cidadanía galega acollida no centro de día de Valencia (Venezuela).

Establecer o marco da colaboración entre as entidades asinantes co fin de contribuír ao financiamento do custo derivado da asistencia ás persoas galegas acollidas no centro de día da Hermandad Gallega de Valencia.

10.000,00 €

24.3.2022

Convenio de colaboración entre a Secretaría Xeral da Emigración da Xunta de Galicia e o Hogar Español de Montevideo (Uruguai) para contribuír á atención das necesidades socio-asistenciais básicas da cidadanía galega residente en Montevideo.

Establecer o marco da colaboración entre as entidades asinantes co fin de contribuír á prestación de asistencia ás persoas galegas que residen no Hogar Español de Montevideo que, por razón de carencia ou de dependencia, se atopen en situación de necesidade e non poidan afrontar o custo da súa estadía.

75.000,00 €

24.3.2022

Convenio de colaboración entre a Secretaría Xeral da Emigración da Xunta de Galicia e o Centro Gallego de Mar del Plata coa finalidade de contribuír á atención das necesidades socio-asistenciais básicas da cidadanía galega residente en Mar del Plata (Arxentina) acollida no centro de día.

Establecer o marco da colaboración entre as entidades asinantes co fin de contribuír ao financiamento do custo derivado da atención que se presta ás persoas galegas acollidas no centro de día.

10.000,00 €

30.3.2022

Convenio de colaboración entre a Secretaría Xeral da Emigración da Xunta de Galicia e a Sociedade Beneficente Rosalía de Castro de Sao Paulo coa finalidade de contribuír á atención das necesidades asistenciais básicas da cidadanía galega acollida no centro de asistencia social de São Paulo (Brasil).

Establecer o marco da colaboración entre as entidades asinantes co fin de contribuír ao financiamento do custo derivado da asistencia ás persoas galegas acollidas no centro de asistencia social.

12.000,00 €

30.3.2022

Convenio de colaboración entre a Secretaría Xeral da Emigración da Xunta de Galicia e o Hogar Gallego para Ancianos de Bos Aires, Arxentina, para contribuír á atención das necesidades socio-asistenciais básicas da cidadanía galega residente en Bos Aires.

Establecer o marco da colaboración entre as entidades asinantes co fin de contribuír á prestación de asistencia ás persoas galegas que residen no Hogar Gallego para Ancianos de Bos Aires que, por razón de carencia ou de dependencia, se atopen en situación de necesidade e non poidan afrontar o custo da súa estadía.

30.000,00 €

30.3.2022

Convenio de colaboración entre a Secretaría Xeral da Emigración da Xunta de Galicia e a Associação Recreio dos Anciãos para Asilo da Velhice Desamparada en Río de Janeiro, Brasil, para contribuír á atención das necesidades socio-asistenciais básicas da cidadanía galega residente en Río de Janeiro, Brasil.

Establecer o marco da colaboración entre as entidades asinantes co fin de contribuír á prestación de asistencia á cidadanía galega que reside na Associação Recreio dos Anciaos, a cal se atope en situación de necesidade e non poida afrontar o custo da súa estadía, por razóns de carencia ou de dependencia.

20.000,00 €

31.3.2022

Convenio de colaboración entre a Secretaría Xeral da Emigración da Xunta de Galicia e a Sociedade de Socorros Mutuos e Beneficente Rosalía de Castro de Santos coa finalidade de contribuír á atención das necesidades socio-asistenciais e sanitarias básicas da cidadanía galega residente en Santos, Brasil.

Establecer o marco da colaboración entre as entidades asinantes co fin de contribuír á atención das necesidades socio-asistenciais e sanitarias básicas das persoas galegas maiores residentes en Santos que, por razóns de idade, estado físico ou situación de carencia, teñan problemas de autonomía persoal e/ou se atopen en situación de necesidade e non poidan afrontar o custo das prestacións que precisan.

12.000,00 €

1.4.2022

Convenio de colaboración entre a Secretaría Xeral da Emigración e a Fundación Apoyo a la Ciudadanía Española en Venezuela (FACEV) para a prestación de asistencia socio-asistencial especial e sanitaria de emerxencia a persoas de orixe galega residentes en Venezuela.

Establecer o marco de colaboración para a concesión dunha axuda á Fundación Apoyo a la Ciudadanía Española en Venezuela (FACEV) co fin de contribuír ao financiamento dos servizos de atención asistencial e/ou sanitaria de urxencia ao colectivo de persoas galegas residentes en Venezuela que, por razóns de exclusión social, idade, carencia ou de dependencia, se atopan en situación de necesidade e non poden afrontar o custo das prestacións que precisan e ás que non se pode chegar a través doutros mecanismos de colaboración.

20.000,00 €

1.4.2022

Convenio de colaboración entre a Secretaría Xeral da Emigración da Xunta de Galicia e a Asociación Española Primera de Socorros Mutuos de Montevideo para o desenvolvemento dun programa de atención socio-sanitaria destinado ás persoas de orixe galega e a súa descendencia residentes en Montevideo, Uruguai.

Establecer o marco da colaboración para a concesión da axuda á entidade Asociación Española Primera de Socorros Mutuos co fin de contribuír á atención das necesidades socio-sanitarias daquelas persoas de orixe ou ascendencia galega, con nacionalidade española e residentes en Montevideo, Uruguai, que se atopen en situación de carencia, con ingresos mínimos e que non poidan afrontar este gasto, sustentada en razóns de interese público e humanitario.

30.000,00 €

1.4.2022

Convenio de colaboración entre a Secretaría Xeral da Emigración da Xunta de Galicia e a Fundación Fillos de Ourense (Fundaourense) de Venezuela, coa finalidade de contribuír á atención das necesidades socio-asistenciais e sanitarias básicas da cidadanía galega residente en Venezuela.

Establecer o marco de colaboración entre as entidades asinantes co fin de contribuír ao financiamento dos servizos de residencia e/ou de atención asistencial e/ou sanitaria de urxencia ás persoas de orixe galega residentes en Venezuela que, por razóns de idade, marxinación, carencia ou de dependencia, se atopan en situación de necesidade e ás que non se pode chegar a través doutros mecanismos de colaboración.

30.000,00 €

1.4.2022

Convenio de colaboración entre a Secretaría Xeral da Emigración da Xunta de Galicia e a Fundación España Salud de Venezuela en Caracas coa finalidade de contribuír á atención das necesidades socio-sanitarias e de atención domiciliaria da cidadanía galega residente en Venezuela.

Establecer o marco de colaboración entre as entidades asinantes co fin de contribuír á atención das necesidades sanitarias e domiciliaria ás persoas maiores da colectividade galega residente en Venezuela que necesitan da súa cobertura, por razóns de idade, dependencia e falta de recursos para afrontalas.

75.000,00 €

1.4.2022

Convenio de colaboración entre a Secretaría Xeral da Emigración da Xunta de Galicia e a Hermandad Gallega de Venezuela coa finalidade de contribuír á atención das necesidades socio-asistenciais básicas da cidadanía galega acollida no centro de día Santiago Apostol de Caracas (Venezuela).

Establecer o marco da colaboración entre as entidades asinantes co fin de contribuír ao financiamento do custo derivado da atención ás persoas galegas acollidas no centro de día Santiago Apóstol.

40.000,00 €

5.4.2022

Convenio entre a Secretaría Xeral da Emigración da Xunta de Galicia e o Colexio de Rexistradores da Propiedade, Mercantís e Bens Mobles de España-Decanato Autonómico de Galicia.

Establecer o marco de colaboración entre as entidades asinantes co fin de realizar as actuacións precisas e necesarias para a detección de inmobles propiedade das persoas emigrantes galegas.

Sen achega económica

11.4.2022

Convenio de colaboración entre a Secretaría Xeral da Emigración da Xunta de Galicia e a Asociación de Emigrantes Retornados Ulla-Umia (AERU) para o mantemento dunha oficina de información e asesoramento dirixida a persoas emigrantes retornadas.

Establecer o marco da colaboración entre as entidades asinantes para articular o financiamento dos gastos de funcionamento dunha oficina de información da Asociación de Emigrantes Retornados Ulla-Umia (AERU).

6.000,00 €

19.4.2022

Convenio de colaboración entre a Secretaría Xeral da Emigración da Xunta de Galicia e a Fundación Ronsel para o desenvolvemento dun programa de mentores para emprendedores retornados (programa Merlo).

Establecer o marco da colaboración entre as entidades asinantes para desenvolver un programa de mentores para emprendedores retornados (programa Merlo).

100.000,00 €

25.4.2022

Convenio de colaboración entre a Secretaría Xeral da Emigración da Xunta de Galicia e a Federación Venezolana de Galicia (Fevega) para o mantemento de oficinas de información e asesoramento dirixidas a persoas emigrantes retornadas en Galicia.

Establecer o marco da colaboración entre as entidades asinantes para articular o financiamento dos gastos derivados do mantemento das oficinas de información e asesoramento da Federación Venezolana de Galicia ás persoas emigrantes galegas retornadas á Comunidade Autónoma galega, así como un servizo de información e asesoramento itinerante.

50.000,00 €

26.4.2022