Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 103 Martes, 31 de maio de 2022 Páx. 31840

III. Outras disposicións

Instituto Tecnolóxico para o Control do Medio Mariño de Galicia

RESOLUCIÓN do 20 de maio de 2022 pola que se dá publicidade aos convenios de colaboración subscritos no primeiro cuadrimestre do ano 2022.

O artigo 15 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno na Administración pública galega (DOG núm. 30, do 15 de febreiro), impón a cada consellería ou entidade da Xunta de Galicia a obriga de publicar no Diario Oficial de Galicia unha relación dos convenios de colaboración subscritos.

En consecuencia, e para dar cumprimento a esa obriga,

DISPOÑO:

Artigo único. Dar publicidade á relación de convenios subscritos polo Instituto Tecnolóxico para o Control do Medio Mariño de Galicia no primeiro cuadrimestre do ano 2022, que se incorpora como anexo a esta resolución.

Vilaxoán, 20 de maio de 2022

Mª Covadonga Salgado Blanco
Directora do Instituto Tecnolóxico para o Control
do Medio Mariño de Galicia

ANEXO

Convenios de colaboración subscritos polo Instituto Tecnolóxico para o Control do Medio Mariño de Galicia no primeiro cuadrimestre do ano 2022

Convenio

Importe

Data de sinatura

Convenio de colaboración entre o Instituto Tecnolóxico para o Control do Medio Mariño de Galicia (Intecmar), a Autoridade Portuaria da Coruña e Repsol Petróleo, S.A. para a protección do medio mariño nas augas portuarias.

24.000 €

8.4.2022