Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 103 Martes, 31 de maio de 2022 Páx. 31980

VI. Anuncios

b) Administración local

Mancomunidade de Concellos do Carballiño

ANUNCIO de aprobación da oferta de emprego público para a estabilización da contratación laboral temporal.

Mediante a Resolución de Presidencia, do 20 de maio de 2022, aprobouse a oferta de emprego público para a estabilización da contratación laboral temporal, que cumpre coa lexislación vixente e é a seguinte:

Especialidade; núm. vacantes; denominación; grupo; sistema de selección.

Fixo a tempo completo; socio-sanitaria; 37; auxiliar de axuda no fogar; V; 18 por concurso, 19 concurso-oposición.

Fixo a tempo parcial; socio-sanitaria; 3; auxiliar de axuda no fogar; V; 1 por concurso, 2 por concurso-oposición.

Fixo a tempo completo; administración; 1; auxiliar administrativo; IV; 1 por concurso.

Fixo a tempo completo; servizos sociais; 3; psicólogos; I; 2 por concurso, 1 por concurso-oposición.

Fixo a tempo completo; servizos sociais; 3; educadores sociais; II; 1 por concurso, 2 por concurso-oposición.

Fixo a tempo completo; servizos sociais; 1; logopeda; II; 1 por concurso-oposición.

Fixo a tempo completo; servizos sociais; 3; traballadores sociais; II; 2 por concurso; 1 por concurso-oposición.

Fixo a tempo completo; servizo de limpeza de vías e prevención de incendios; 3 chofer; IV; 3 por concurso.

Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, poderase interpoñer alternativamente recurso potestativo de reposición ante o presidente, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio e, ante o xulgado do contencioso-administrativo que corresponda, no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio.

Todo isto sen prexuízo da posibilidade de interpoñer calquera outro recurso que se considere máis oportuno en dereito.

O Carballiño, 24 de maio de 2022

Manuel Cerdeira Lorenzo
Presidente da Mancomunidade de Concellos do Carballiño