Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 103 Martes, 31 de maio de 2022 Páx. 31982

VI. Anuncios

b) Administración local

Mancomunidade Voluntaria de Concellos da Comarca de Ourense

ANUNCIO da oferta de emprego público para a estabilización do emprego temporal.

Mediante a Resolución de Presidencia, do 23 de maio de 2022, aprobouse a oferta de emprego público para a estabilización do emprego temporal na Mancomunidade Voluntaria de Concellos da Comarca de Ourense, ao abeiro da Lei 20/2021, do 28 de decembro, de medidas urxentes para a redución da temporalidade no emprego público, que inclúe as seguintes prazas:

Personal laboral fixo.

Denominación

Categoría profesional

Xornada

Prazas

Sistema de acceso

AEDL

Axente de emprego

Completa

1

Concurso (D.A. 6ª Lei 20/2021)

Condutor

Condutor

Completa

2

Concurso (D.A. 6ª Lei 20/2021)

Peón punto limpo

Peón

Completa

1

Concurso (D.A. 6ª Lei 20/2021)

En cumprimento do artigo 91 da Lei 7/1985, do 2 de abril, da Lei reguladora das bases de réxime local, e o artigo 70.2 do texto refundido da Lei do Estatuto básico do empregado público, aprobado por Real decreto lexislativo 5/2015, do 30 de outubro, procédese a súa publicación no Diario Oficial de Galicia e no Boletín Oficial da provincia de Ourense.

Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, poderase interpoñer alternativamente recurso potestativo de reposición ante a Presidencia, no prazo dun mes, contado desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio, de conformidade co disposto nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, ou recurso contencioso-administrativo, ante o xulgado do contencioso-administrativo, no prazo de dous meses, contados desde o día seguinte ao da recepción da presente notificación, de conformidade co artigo 46 da Lei 29/1988, do 13 de xullo, da xurisdición contencioso-administrativa. Se se optase por interpor o recurso de reposición potestativo, non poderá interpor recurso contencioso-administrativo ata que aquel sexa resolto expresamente ou se producise a súa desestimación por silencio.

Todo iso sen prexuízo de que os interesados poidan interpoñer calquera outro recurso que se xulgue máis oportuno en dereito.

Paderne de Allariz, 23 de maio de 2022

José Manuel Fernández Gómez
Presidente da Mancomunidade Voluntaria
de Concellos da Comarca de Ourense