Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 103 Martes, 31 de maio de 2022 Páx. 31957

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Teo

ANUNCIO de acordo plenario de cambio de uso.

O Pleno da Corporación, na sesión ordinaria do 27 de febreiro de 2022, acordou iniciar expediente para cambiar o uso de depuradora da parcela P1 do Plan parcial Parque Montouto, asignándolle un uso dotacional de carácter global, e someter o expediente a información pública.

En virtude do citado acordo e segundo o artigo 83 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, someteuse o expediente a información pública, para que as persoas interesadas puideran formular as alegacións que tivesen por conveniente para a defensa dos seus dereitos e intereses, durante un prazo de vinte días, mediante inserción de anuncio no taboleiro de edictos do Concello (1.3.2022), na web municipal (2.3.2022) e no BOP (7.3.2022), computándose o prazo a partir do seguinte ao da publicación do anuncio no BOP.

Transcorrido o período de información pública e ao non se presentar alegación ou reclamación ningunha, o Pleno da Corporación, na sesión ordinaria do 27 de abril de 2022, acordou cambiar o uso de depuradora da parcela P1 do Plan parcial Parque Montouto, asignándolle un uso dotacional de carácter global, e dar publicidade ao citado acordo mediante inserción de anuncio no taboleiro de edictos do concello, na web municipal, no BOP e no DOG, para xeral coñecemento.

Teo, 28 de abril de 2022

Rafael C. Sisto Edreira
Alcalde