Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 103 Martes, 31 de maio de 2022 Páx. 31958

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Xunqueira de Espadanedo

ANUNCIO da oferta de emprego público de estabilización do persoal temporal do ano 2022.

A Xunta de Goberno Local do Concello de Xunqueira de Espadanedo, na súa sesión celebrada o día 24 de maio de 2022 acordou aprobar a oferta de emprego público para a estabilización do persoal laboral temporal do ano 2022 (artigo 2 e disposición adicional 6ª da Lei 20/2021, do 28 de decembro, de medidas urxentes para a redución da temporalidade no emprego público), co seguinte detalle:

Posto de traballo

Tipo de relación laboral

Número de vacantes

Sistema de selección

Auxiliar de axuda no fogar

Laboral temporal a tempo parcial

3

2 por concurso-oposición

1 concurso de méritos

Limpeza de edificios municipais

Laboral temporal a tempo parcial

1

Concurso de méritos

Xunqueira de Espadanedo, 24 de maio de 2022

Carlos Gómez Blanco
Alcalde