Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 103 Martes, 31 de maio de 2022 Páx. 31931

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Oia

ANUNCIO da oferta extraordinaria de emprego por consolidación.

Visto o disposto na Lei 20/2021, do 28 de decembro, de medidas urxentes para a redución da temporalidade no emprego público, celebrada mesa de negociación con data do 23 de maio de 2022 cos representantes dos traballadores, e emitido informe da Secretaría-Intervención en relación con esta cuestión dentro do informe preceptivo aos orzamentos do Concello de Oia para 2022, faise público que polo Decreto 260/2022, do 24 de maio, aprobouse a oferta extraordinaria de emprego para estabilización de persoal temporal, que se indica a seguir:

– Persoal funcionario:

Denominación da praza: auxiliar administrativo.

Número de vacantes: 1.

Sistema de acceso: concurso-oposición.

– Persoal laboral:

• Denominación da praza: axente de emprego e desenvolvemento local.

Número de vacantes: 1.

Sistema de acceso: concurso de méritos.

• Denominación da praza: traballador social.

Número de vacantes: 1.

Sistema de acceso: concurso de méritos.

• Denominación da praza: educador familiar.

Número de vacantes: 1.

Sistema de acceso: concurso-oposición.

• Denominación da praza: condutor do servizo de recollida de lixo.

Número de vacantes: 1.

Sistema de acceso: concurso.

• Denominación da praza: peón do servizo de recollida de lixo.

Número de vacantes: 1.

Sistema de acceso: concurso.

Oia, 24 de maio de 2022

Cristina Correa Pombal
Alcaldesa