Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 103 Martes, 31 de maio de 2022 Páx. 31930

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Lobios

ANUNCIO da aprobación da relación de postos de traballo deste concello.

Por acordo plenario do 1 de abril de 2022 aprobouse inicialmente o expediente de aprobación da relación de postos de traballo (RPT) do Concello de Lobios.

O que se publica concedendo un trámite de audiencia aos interesados mediante a publicación dun anuncio de exposición pública do expediente no Diario Oficial de Galicia para que, durante o prazo de 20 días, calquera interesado no expediente poida presentar suxestións ou alegacións. Finalizado o trámite de audiencia aos interesados e á vista das suxestións ou alegacións presentadas, corresponderá ao Pleno a aprobación definitiva do expediente coas modificacións oportunas.

De conformidade co establecido no artigo 202 da Lei de emprego público de Galicia, a aprobación inicial da modificación da RPT elevarase a definitiva se durante o prazo de información pública non se formulan reclamacións, suxestións ou alegacións.

O texto completo da RPT estará publicado no portal de transparencia da sede electrónica municipal http://lobios.sedelectronica.gal (carpeta: 1.7.1. RPT).

Lobios, 6 de abril de 2022

María del Carmen Yáñez Salgado
Alcaldesa presidenta