Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 104 Mércores, 1 de xuño de 2022 Páx. 32224

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Laza

ANUNCIO da oferta de emprego público para a estabilización do emprego temporal.

Mediante o Decreto da Alcaldía número 157 deste concello, do 25 de maio de 2022, aprobouse a oferta de emprego público para a estabilización do emprego temporal, que cumpre as previsións da Lei 20/2021, do 28 de decembro, de medidas urxentes para a redución da temporalidade no emprego público, correspondente ás prazas que a seguir se detallan:

Persoal laboral

Denominación da praza

Nº vacantes

Grupo

Xornada

Sistema acceso

Axente de emprego e desenvolvemento local

1

II

100 %

Concurso

Xefe de equipo servizo municipal protección civil e emerxencias

1

IV

100 %

Concurso

Peón especialista grupo de emerxencias supramunicipal

6

IV

100 %

Concurso

Persoal de limpeza

2

V

1 praza: 100 %

1 praza: 75 %

Concurso-oposición

Oficial de obras

1

IV

100 %

Concurso

Peón de obras

1

V

100 %

Concurso-oposición

Auxiliares de axuda no fogar

14

V

3 prazas: 100 %

11 prazas: 75 %

8 prazas: concurso

6 prazas: concurso-oposición

En cumprimento do artigo 91 da Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das bases do réxime local, e do artigo 70.2 do texto refundido da Lei do Estatuto básico do empregado público aprobado polo Real decreto lexislativo 5/2015, do 30 de outubro, publícase a oferta de emprego público para a estabilización do emprego temporal do Concello de Laza no Boletín Oficial da provincia e no Diario Oficial de Galicia.

Contra a presente resolución, que pon fin á vía administrativa, pode interpoñer alternativamente recurso de reposición fronte ao alcalde, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da publicación do presente anuncio, de conformidade cos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administración públicas, ou recurso contencioso-administrativo, ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Ourense ou, á súa elección, o que corresponda por razón de domicilio, no prazo de dous meses, contados desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio, de conformidade co artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, da xurisdición contencioso-administrativa. Se se opta por interpoñer o recurso de reposición potestativo non poderá interpoñer recurso contencioso-administrativo ata que aquel sexa resolto expresamente ou se produza a súa desestimación por silencio.

Todo isto, sen prexuízo de que poida interpoñerse calquera outro recurso que poida considerar máis convinte ao seu dereito.

Laza, 25 de maio de 2022

José Ramón Barreal Novo
Alcalde presidente