Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 104 Mércores, 1 de xuño de 2022 Páx. 32226

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Lugo

ANUNCIO de aprobación inicial do estudo de detalle de agregación das parcelas 1 e 2 do rueiro 1513 (antigo Hospital de San Miguel) do Plan especial de protección, rehabilitación e reforma interior do recinto amurallado de Lugo e da súa zona de influencia (PEPRI).

A Xunta de Goberno Local, en sesión que tivo lugar o día 27 de abril de 2022, aprobou inicialmente o estudo de detalle de agregación das parcelas 1 e 2 do rueiro 1513 (antigo Hospital de San Miguel) do Plan especial de protección, rehabilitación e reforma interior do recinto amurallado de Lugo e a súa zona de influencia (PEPRI), formulado polo IGVS e redactado polo arquitecto José Ignacio López de Rego Uriarte.

Conforme o previsto nas disposicións vixentes, sométese a información pública polo prazo dun mes durante o cal poderá ser examinado e presentarse as reclamacións ou suxestións que se desexen.

O documento inicialmente aprobado poderá consultarse na sede electrónica deste concello a través da seguinte ligazón:

http://concellodelugo.gal/gl/actuacions/normativa-urbanistica

Lugo, 9 de maio de 2022

A alcaldesa
P.D. (Decreto número 2973/2021)
Mercedes Paula Alvarellos Fondo
Concelleira delegada da Área de Gobernanza, Economía e Recursos Humanos, en substitución do concelleiro delegado da Área de Sustentabilidade Urbana