Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 104 Mércores, 1 de xuño de 2022 Páx. 32227

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello da Pastoriza

ANUNCIO do 26 de abril de 2022 de notificación aos titulares descoñecidos do requirimento para lembrar o cumprimento da obriga da xestión da biomasa vexetal e da retirada de especies arbóreas.

De conformidade co disposto no artigo 22.3 da Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia, e dado que non pode determinarse a identidade da persoa responsable da xestión da biomasa vexetal e retirada de especies arbóreas prohibidas, ou se ignora o lugar de notificación, comunícaselles ás persoas responsables a súa obriga legal de xestión da biomasa e de retirada das especies arbóreas prohibidas nas parcelas que se describen, imposta polo artigo 22.1 da Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia:

Data da acta de

inspección

Ref. catastral

Localización/polígono/parcela

Persoa

responsable

29.9.2021

27044K00200014

Baltar (San Pedro Fiz), A Pastoriza, Lugo

2

14

Descoñecida

21.9.2021

27044G00400011

Cadavedo (San Bartolomeu), A Pastoriza, Lugo

4

11

Descoñecida

21.9.2021

27044L00100003

A Aguarda (San Martiño), A Pastoriza, Lugo

1

3

Descoñecida

28.9.2021

27044W00100025

Fomiña (O Salvador), A Pastoriza, Lugo

1

25

Descoñecida

29.9.2021

27044W00100050

Fomiña (O Salvador), A Pastoriza, Lugo

1

50

Descoñecida

22.9.2021

27044A03500266

San Martiño de Corvelle (San Martiño), A Pastoriza, Lugo

35

266

Descoñecida

28.9.2021

27044V00100031

Baltar (San Pedro Fiz), A Pastoriza, Lugo

1

31

Descoñecida

28.9.2021

27044K00200014

Baltar (San Pedro Fiz), A Pastoriza, Lugo

2

14

Descoñecida

22.9.2021

27044N00200028

Bretoña (Santa María), A Pastoriza, Lugo

2

28

Descoñecida

23.9.2021

27044N00800382

Bretoña (Santa María), A Pastoriza, Lugo

8

382

Descoñecida

1º. En virtude do que antecede, comunícaselle que na acta de inspección de referencia se comprobou que na referida parcela se incumpre o establecido no artigo 21 da Lei 3/2007. Polo tanto, dispón dun prazo máximo de 15 días naturais para o cumprimento voluntario e para xestionar a biomasa na parcela citada, que se iniciará o día seguinte ao da recepción desta notificación.

2º. En caso de persistencia no incumprimento transcorrido o devandito prazo, o Concello procederá sen máis trámites á execución subsidiaria con repercusión dos custos de xestión da biomasa e, se é o caso, do comiso das especies arbóreas prohibidas retiradas pola Administración, nas condicións establecidas no artigo 22.2 da precitada Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia, sen prexuízo da instrución do procedemento sancionador que corresponda. As persoas titulares dos terreos ou dos dereitos de aproveitamento terán a obriga legal de facilitar o acceso necesario para a realización dos traballos de xestión de biomasa e de retirada das especies arbóreas prohibidas. O suxeito que realice os traballos de execución subsidiaria terá a facultade de acceder sen consentimento da persoa titular, agás nos supostos excepcionais previstos legalmente, cando o acceso afecte, dentro da parcela, espazos físicos susceptibles de mereceren a cualificación de domicilio para os efectos do artigo 18.2 da Constitución española.

3º. No caso de proceder á execución subsidiaria, o Concello procederá á liquidación provisional dos custos a que previsiblemente dará lugar, coa advertencia de que se procederá á súa exacción inmediata en caso de persistencia no incumprimento, logo do transcurso do prazo outorgado, sen prexuízo da liquidación definitiva unha vez rematados os traballos, de ser o caso. Neste caso, a liquidación provisional dos traballos necesarios para xestionar a biomasa nas faixas secundarias establécese nunha cantidade estimada que se mostra na seguinte táboa:

Nº de expediente

Ref. catastral

Ha afectadas por execución subsidiaria

Estimación prezo por ha

Liquidación provisional

2021/27044K00200014

27044K00200014

0,1066

3.953,15 €

421,44 €

2021/27044G00400011

27044G00400011

0,9882

3.953,15 €

3.906,56 €

2021/27044L00100003

27044L00100003

0,7127

3.545,82 €

2.527,05 €

2021/27044W00100025

27044W00100025

0,5098

3.545,82 €

1.807,55 €

2021/27044W00100050

27044W00100050

3,3715

2.056,00 €

6.931,83 €

2021/27044A03500266

27044A03500266

0,0025

3.953,15 €

9,87 €

2021/27044V00100031

27044V00100031

0,0548

3.953,15 €

216,82 €

2021/27044K00200014

27044K00200014

0,1066

3.953,15 €

421,44 €

2021/27044N00200028

27044N00200028

0,6144

3.545,82 €

203,91 €

2021/27044N00800382

27044N00800382

0,0516

3.953,15 €

57,64 €

4º. En caso de persistencia no incumprimento e transcorrido o prazo outorgado, iniciarase tamén o correspondente procedemento sancionador segundo o previsto no título VII da Lei 3/2007:

a) Administración competente para sancionar (artigo 54 da Lei 3/2007):

1. Será competente para incoar o procedemento sancionador para as infraccións cometidas en terreos agrícolas, forestais e de influencia forestal a persoa titular da xefatura territorial da consellería con competencias en materia forestal por razón do territorio en que se cometeu a infracción ou daquel con maior superficie afectada.

2. Serán competentes para a resolución dos procedementos sancionadores por infraccións tipificadas nesta lei e incoados no ámbito da consellería con competencia en materia forestal:

a. A persoa titular da xefatura territorial da consellería competente en materia forestal, para a imposición de sancións pola comisión de infraccións leves.

b. O órgano competente en materia forestal, para a imposición de sancións pola comisión de infraccións graves.

c. A persoa titular da consellería que teña asignada a competencia en materia forestal, para a imposición de sancións pola comisión de infraccións moi graves.

3. A incoación do procedemento sancionador en aplicación desta lei, por ausencia de ordenanzas municipais ao respecto, para as infraccións cometidas en solo urbano, de núcleo rural e urbanizable, será competencia do correspondente concello. A resolución dos expedientes pola comisión de infraccións leves, graves e moi graves corresponderalle á persoa titular da Alcaldía, de conformidade co establecido no número 3 do artigo 21.ter.

b) Cualificación da infracción: infracción leve (51.3.a) da Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia), sen prexuízo do establecido no artigo 51.2.g) para as faltas graves.

c) Contía máxima da sanción pecuniaria que se poida impor no caso de infracción leve: 1.000,00 € (artigo 74.a) da Lei 43/2003, do 21 de novembro, de montes, en relación co disposto no artigo 50.1 da Lei 3/2007. No caso de ser considerada infracción grave, a contía máxima da sanción será de 100.000,00 € (artigo 74.b).

d) Procederase ao comiso cautelar da madeira resultante da corta das especies arbóreas que deban ser retiradas de acordo co establecido no artigo 22.2 da Lei 3/2007.

A Pastoriza , 26 de abril de 2022

O alcalde
P.D. (Resolución de Alcaldía do 2.7.2019)
Elva Carrera González
Tenenta de alcalde da Pastoriza