Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 105 Xoves, 2 de xuño de 2022 Páx. 32507

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Fene

ANUNCIO da convocatoria e bases específicas do proceso selectivo para a cobertura dunha vacante de peón/peoa de recollida de lixo (OEP 2019).

No BOP da Coruña núm. 81, do 29.4.2022, publicáronse as bases que rexerán a convocatoria para prover unha praza vacante de peón/peoa de recollida de lixo, encadrada na escala de Administración especial, subescala de servizos especiais, clase persoal de oficios, agrupación profesional sen titulación, por concurso-oposición libre.

A presentación de solicitudes de participación farase no prazo de vinte días naturais a partir do seguinte ao da publicación desta convocatoria no BOE.

Fene, 2 de maio de 2022

Juventino José Trigo Rey
Alcalde