Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 107 Luns, 6 de xuño de 2022 Páx. 33112

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación

ANUNCIO do 27 de maio de 2022, da Xefatura Territorial de Ourense, polo que se fai público o outorgamento do paso a concesión de explotación de recursos da sección C) do permiso de investigación denominado Mina de Penouta número 4880.1, no concello de Viana do Bolo (provincia de Ourense).

A Xefatura Territorial de Ourense da Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación fai público que a directora xeral de Planificación Enerxética e Recursos Naturais, por delegación de competencias do vicepresidente primeiro e conselleiro de Economía, Industria e Innovación, asinou o 23 de maio de 2022 a resolución pola que se outorga o paso a concesión de explotación de recursos da sección C) do permiso de investigación denominado Mina de Penouta número 4880.1, no concello de Viana do Bolo (provincia de Ourense), cos seguintes datos:

– Nome: Mina de Penouta.

– Número de expediente: 4880.1.

– Recurso: sección C.

– Termo municipal: Viana do Bolo.

– Titular: Strategic Minerals Spain, S.L.

– Superficie: 16 cuadrículas mineiras.

O que se fai público para coñecemento xeral e en cumprimento do artigo 27.2 da Lei 3/2008, do 23 de maio, de ordenación da minaría de Galicia.

En cumprimento das obrigas de publicidade recollidas no artigo 29 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, esta resolución poderá examinarse no portal da Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación:

https://ceei.xunta.gal/transparencia/informacion-publica/autorizacions-administrativas/instalacions-mineiras

Ourense, 27 de maio de 2022.

Pablo Fernández Vila
Xefe territorial de Ourense