Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 108 Martes, 7 de xuño de 2022 Páx. 33379

III. Outras disposicións

Axencia de Protección da Legalidade Urbanística

RESOLUCIÓN do 25 de maio de 2022 pola que se dá publicidade ao convenio subscrito no primeiro cuadrimestre do ano 2022.

O artigo 15.2 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, impón a cada consellería ou entidade da Xunta de Galicia a obriga de publicar no Diario Oficial de Galicia unha relación dos convenios subscritos no cuadrimestre anterior.

En consecuencia, e para dar cumprimento a esa obriga,

DISPOÑO:

Artigo único

Dar publicidade ao convenio subscrito entre a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, a Axencia de Protección da Legalidade Urbanística e o Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia no marco do Proxecto Terra no primeiro cuadrimestre do ano 2022, que se incorpora como anexo a esta resolución.

Santiago de Compostela, 25 de maio de 2022

Jacobo Hortas García
Director da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística

ANEXO

Convenio

Obxeto do convenio

Achega económica APLU

Data da

sinatura

Convenio de colaboración entre a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, a Axencia de Protección da Legalidade Urbanística e o Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia no marco do Proxecto Terra

Actividades de sensibilización, concienciación, formación e divulgación sobre os espazos e lugares que habitamos, a paisaxe e o dereito ao hábitat, sinaladamente mediante asistencia científica e técnica e intercambio de experiencias con fins de formación e información, coa finalidade de formar, difundir e ampliar os coñecementos da cidadanía en xeral, e dos técnicos e entidades competentes en temas relacionados coa ordenación, planificación e intervencións das actividades humanas sobre o territorio e a súa repercusión na conformación das paisaxes do presente e do futuro.

180.000,00

28.2.2022