Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 108 Martes, 7 de xuño de 2022 Páx. 33449

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello da Estrada

ANUNCIO da convocatoria do proceso selectivo para a provisión en propiedade dunha praza de administrativo/a de Administración xeral, incluída na oferta de emprego público de 2020.

No Boletín Oficial da provincia de Pontevedra núm. 88, do 9 de maio de 2022, foron publicadas integramente as bases que rexerán a convocatoria para a provisión en propiedade dunha praza de funcionario/a de carreira, de administrativo de Administración xeral, integrada no grupo C, subgrupo C1, escala Administración xeral, polo sistema de oposición libre.

O prazo de presentación de solicitudes será de 20 días hábiles contados desde o día seguinte ao da publicación do anuncio da convocatoria no Boletín Oficial del Estado. Os sucesivos anuncios referentes a esta convocatoria faranse públicos na forma prevista nas propias bases.

A Estrada, 11 de maio de 2022

José C. López Campos
Alcalde