Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 109 Mércores, 8 de xuño de 2022 Páx. 33651

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Infraestruturas e Mobilidade

ANUNCIO do 19 de maio de 2022, da Subdirección Xeral de Inspección do Transporte, polo que se notifican os acordos de incoación de expedientes sancionadores en materia de transportes terrestres (expediente DX-00036-I-2022).

A persoa titular do Servizo de Informes e Recursos da Subdirección Xeral de Inspección do Transporte acordou a incoación do expediente sancionador DX-00036-I-2022 por infracción da normativa sobre transporte terrestre.

Intentada a notificación do acordo de incoación por correo certificado con xustificante de recepción no domicilio que consta no correspondente expediente sancionador, esta foi devolta polo servizo de Correos. Por este motivo e de conformidade co artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, a notificación efectúase por medio dun anuncio publicado no Boletín Oficial del Estado (BOE) que, previamente, se publica no Diario Oficial de Galicia. En consecuencia, mediante este anuncio notifícanse os acordos de incoación ditados ás persoas interesadas.

Infórmanse que os expedientes sancionadores se atopan a súa disposición nas oficinas da Subdirección Xeral de Inspección do Transporte, situadas en praza de Europa, 5A, 2º en Santiago de Compostela.

Outórgaselles un prazo quince días hábiles contado desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no BOE para alegar o que consideren conveniente, presentando ou propoñendo as probas que consideren oportunas.

No suposto que decida voluntariamente pagar a sanción antes de que transcorran trinta días contados desde o seguinte ao da publicación do presente anuncio no BOE, a súa contía reducirase nun 30 % na forma prevista no artigo 146.3 da Lei 16/1987, do 30 de xullo, de ordenación dos transportes terrestres. A realización do dito pagamento implica a conformidade cos feitos denunciados, a renuncia a formular alegacións por parte da persoa interesada e a terminación do procedemento sancionador.

Santiago de Compostela, 19 de maio de 2022

Marta Vázquez Sanjurjo
Subdirectora xeral de Inspección do Transporte

ANEXO

Expediente

Matrícula

Denunciado

DNI/CIF

Infracción denunciada

Data-hora-estrada-p.q.

Precepto cualificador

Precepto sancionador

Sanción proposta

DX-00036-I-2022

7103-FFP

Borja Galán Ricoy

36175079N

Atenuante-Realizar transporte público de mercadorías en vehículo lixeiro carecendo de título habilitante.

24.2.2022; 12.10; AP-9; 79,5

Artigo 141.25 en relación 140.1 LOTT

Artigo 143.1.k) en relación letra f) LOTT

801 euros