Ao non ser posible efectuarlle a comunicación ao titular da referencia catastral que se relaciona a continuación por causas non imputables a esta administración, de conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, faise pública a comunicación de xestión da biomasa, co fin de que no prazo de 15 días, que comezarán a contar desde o día seguinte ao da publicación do presente edicto no Boletín Oficial del Estado, os interesados no procedemento realicen a xestión da biomasa, segundo o establecido nos artigos 135 e 136 da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia, e 21 da Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais en Galicia, así como a retirada das especies arbóreas prohibidas a que se refire o artigo 22 da devandita lei.
A eficacia do acto notificado quedará demorada ata a publicación do pertinente anuncio no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado (BOE).
Así mesmo, ponse en coñecemento das persoas responsable que o contido íntegro das citadas notificacións, así como da totalidade dos expedientes administrativos, está á súa disposición no Departamento de Urbanimo do Concello de Fene, situado no segundo andar do edificio do Concello, praza do Alcalde Ramón José Souto s/n, Fene.
|
Número de expediente |
Referencia catastral |
Propietaria |
|
2022/DU001/000024 |
15036A00300211 |
Josefa Alvariño Gómez |
Fene, 16 de maio de 2022
Juventino J. Trigo Rey
Alcalde presidente


