Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 110 Xoves, 9 de xuño de 2022 Páx. 33962

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia Galega de Infraestruturas

ANUNCIO do 25 de maio de 2022, do Servizo Provincial de Ourense, polo que se emprazan as persoas interesadas para seren notificadas por comparecencia no expediente de expropiación forzosa para a obra de fomento da mobilidade sustentable, senda na OU-101, treitos A Medorra (puntos quilométricos 7+750-9+420) e O Paseio (puntos quilométricos 13+780-14+230), de clave OU/16/272.06, nos concellos de Paderne de Allariz, O Pereiro de Aguiar e San Cibrao das Viñas.

De conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, por medio deste anuncio notifícanselles ás persoas relacionadas no anexo o acto do expediente de expropiación forzosa que no anexo se indica porque se descoñece a persoa destinataria, porque se ignora o lugar da notificación ou porque, unha vez intentada esta, non se puido efectuar.

Segundo se establece no artigo 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, as persoas interesadas disporán dun prazo de 10 días contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado (BOE), para comparecer neste servizo, sito na rúa Sáenz Díez, nº 1, Ourense, e coñecer o contido íntegro deste acto. Transcorrido o dito prazo sen efectuar a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao do vencemento do prazo sinalado para comparecer.

A eficacia desta notificación queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do BOE.

Ourense, 25 de maio de 2022

Marcos Buide Pollán
Xefe do Servizo Provincial de Ourense

ANEXO

Predio

Obra

Persoa interesada

Acto notificado

35

Fomento da mobilidade sustentable, senda na OU-101, treitos A Medorra

(p.q. 7+750-9+420) e

O Paseio (p.q. 13+780-14+320).

Clave OU/16/272.06, nos concellos de Paderne de Allariz, O Pereiro de Aguiar e San Cibrao das Viñas

Isaura Zorelle Camba

Convocatoria para levantar a acta previa á ocupación o 28.6.2022, ás 11.30 horas (parcelas 35 e 39); e o 27.6.2022, ás 11.00 horas (parcelas 54 e 63).

E convocatoria para formalizar acta de ocupación o 24.8.2022, ás 11.30 horas (parcelas 35 e 39); e o 25.8.2022, ás 11.00 horas (parcelas 54 e 63).

39

Hdros. Eligio Losada

Vilarchao

54

Veciños de Rioseco

63

Artemia Ríos González