De conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, por medio deste anuncio notifícaselles ás persoas relacionadas no anexo o acto do expediente de expropiación forzosa que no anexo se indica porque se descoñece a persoa destinataria, porque se ignora o lugar da notificación ou porque, unha vez intentada esta, non se puido efectuar.
Segundo se establece no artigo 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, as persoas interesadas disporán dun prazo de 10 días contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado (BOE), para comparecer neste servizo, sito na rúa Sáenz Díez, nº 1, Ourense, e coñecer o contido íntegro deste acto. Transcorrido o dito prazo sen efectuar a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao do vencemento do prazo sinalado para comparecer.
A eficacia desta notificación queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do BOE.
Ourense, 27 de maio de 2022
Marcos Buide Pollán
Xefe do Servizo Provincial de Ourense
ANEXO
Predio |
Obra |
Persoa interesada |
Acto notificado |
01 |
Fomento da mobilidade sustentable. Senda na OU-536. Treitos: As Vendas (puntos quilométricos 11+890-12+810) e Santa Baia (puntos quilométricos 9+100-11+120), de clave OU/16/274.06, nos concellos do Pereiro de Aguiar e Esgos. |
Veciños de San Martín |
Convocatoria para levantar a acta previa á ocupación o 30.6.2022, ás 11.30 horas (parcelas 01 a 058); e o 1.7.2022, ás 11.00 horas (parcela 62); e convocatoria para formalizar a acta de ocupación o 24.8.2022, ás 11.30 horas (parcelas 01 a 058); e o 26.8.2022, ás 11.00 horas (parcela 62). |
07 |
En investigación art. 47 |
||
13 |
Hdros. Antonio Cid Cid |
||
14 |
María Iglesias Gzlez. |
||
23 |
Ángela Glez. Pérez |
||
24 |
José García Fernández |
||
32 |
Amable Pernas Glez. |
||
34 |
Veciños de Santa Baia |
||
58 |
En investigación art. 47 |
||
62 |
Artemia Ríos González |