Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 110 Xoves, 9 de xuño de 2022 Páx. 33940

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación

RESOLUCIÓN do 3 de maio de 2022, da Xefatura Territorial de Lugo, pola que se autoriza administrativamente e se aproba o proxecto de execución da infraestrutura gasista cuxo proxecto leva por título Proxecto de autorización administrativa e execución de instalacións para a ampliación de rede DN 8 (pulgadas) e nova acometida DN 8 (pulgadas) de gas natural á industria Aluminio Español, S.L.U. en MOP 16 bar no termo municipal de Cervo (Lugo), promovida pola empresa Nedgia Galicia, S.A. (expediente IN627A 2021/1-2).

Logo de examinar o expediente instruído por instancia da empresa Nedgia Galicia S.A., con CIF nº A15383284, e con enderezo para os efectos de notificación na rúa Lisboa, edificio Área Central, local 31 HIJ, 15707 Santiago de Compostela (A Coruña), resultan os seguintes

Antecedentes de feito.

Primeiro. O 4.3.2008, a Dirección Xeral de Enerxía e Minas ditou resolución pola que se outorgou a Gas Galicia SDG, S.A. (actualmente, Nedgia Galicia, S.A.) a autorización administrativa para a distribución de gas natural canalizado no termo municipal de Cervo, na provincia de Lugo (expediente IN627A 2005/19-0), publicada no Diario Oficial de Galicia o 7.4.2008 e no Boletín Oficial da provincia o 2.4.2008.

Segundo. O 25.11.2021, a empresa Nedgia Galicia, S.A. presentou solicitude de autorización administrativa e a aprobación da execución do proxecto de autorización administrativa e execución de instalacións para a ampliación de rede DN 8” e nova acometida DN 8” de gas natural á industria Aluminio Español, S.L.U. en MOP 16 bar no termo municipal de Cervo (Lugo) (IN627A 2021/1-2).

O proxecto de referencia recolle as seguintes instalacións:

– 5 m de tubaxe en aceiro DN 8” correspondente á ampliación de rede de gas natural en MOP 16 bar con conexión inicial na rede existente RA A-1008.06 e conexión final na parcela de referencia catastral 3889202PJ2338N no TM de Cervo (Lugo).

– 7 m de tubaxe en aceiro DN 8” correspondente á acometida de gas natural en MOP 16 bar con conexión inicial na rede descrita anteriormente e con final na parcela de referencia catastral 3889201PJ2338N no TM de Cervo (Lugo).

– Instalacións auxiliares:

• 1 válvula de acometida de DN 8”.

• 1 válvula de seccionamento de DN 8”.

Terceiro. O 14.12.2021, a Xefatura Territorial de Lugo trasladou a separata técnica do citado proxecto de execución, para os efectos de obter o seu informe ao respecto á seguinte entidade titular de bens ou dereitos afectados: Concello de Cervo.

O Concello de Cervo emitiu informe favorable, do cal se deu traslado a Nedgia Galicia, S.A., que mostrou a súa conformidade.

Cuarto. O 22.2.2022, esta xefatura territorial acordou someter a información pública a solicitude de autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución da infraestrutura gasista correspondente ao proxecto de autorización administrativa e execución de instalacións para a ampliación de rede DN 8” e nova acometida DN 8” de gas natural á industria Aluminio Español, S.L.U. en MOP 16 bar no termo municipal de Cervo (Lugo).

Este acordo publicouse no Diario Oficial de Galicia do 14 de marzo de 2022, no Boletín Oficial da provincia do 11 de marzo e nos xornais La Voz de Galicia e El Progreso do 2 de marzo.

Durante este trámite de información pública non se presentaron alegacións.

Quinto. O 2.5.2022, os servizos técnicos da Xefatura Territorial de Lugo emitiron informe favorable sobre o expediente de referencia (IN627A 2021/1-2), de cara ao outorgamento da autorización e aprobación do proxecto de execución da citada infraestrutura gasista.

Fundamentos de dereito.

Primeiro. A Xefatura Territorial da Vicepresidencia Segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación de Lugo é competente para resolver este expediente con fundamento no Estatuto de autonomía de Galicia; no Real decreto 2563/1982, do 24 de xullo, sobre traspaso de funcións e servizos da Administración do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia en materia de industria, enerxía e minas; no Decreto 132/1982, do 4 de novembro, sobre asunción de competencias en materia de industria, enerxía e minas e a súa asignación á Consellería de Industria, Enerxía e Comercio; no Decreto 130/2020, do 17 de setembro, polo que se fixa a estrutura orgánica das vicepresidencias e das consellerías da Xunta de Galicia; e no Decreto 230/2020, do 23 de decembro, polo que se establece a estrutura orgánica da Vicepresidencia Segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación; en relación coa Lei 34/1998, do 7 de outubro, do sector de hidrocarburos; co Real decreto 1434/2002, do 27 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de gas natural; coa Orde da Consellería de Industria e Comercio do 30 de novembro de 1999 sobre a tramitación de autorizacións administrativas das canalizacións de gas; e coa Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Segundo. O citado proxecto cumpre coas exixencias regulamentarias fixadas no Real decreto 919/2006, do 28 de xullo, polo que se aproban o Regulamento técnico de distribución e utilización de combustibles gasosos e as súas instrucións técnicas complementarias ICG 01 a 11.

Terceiro. No expediente instruído para o efecto cumpríronse os trámites regulamentarios.

De acordo con todo o indicado, a xefatura territorial

RESOLVE:

1. Autorizar administrativamente a infraestrutura gasista correspondente á ampliación de rede DN 8” e nova acometida DN 8” de gas natural á industria Aluminio Español S.L.U. en MOP 16 bar no termo municipal de Cervo (Lugo), promovida pola empresa Nedgia Galicia, S.A.

2. Aprobar o proxecto de execución da citada instalación conformado polos seguintes documentos técnicos:

– Proxecto de autorización administrativa e execución de instalacións para a ampliación de rede DN 8” e nova acometida DN 8” de gas natural á industria Aluminio Español S.L.U. en MOP 16 bar no termo municipal de Cervo (Lugo), asinado pola enxeñeira técnica industrial Alejandra Risco Barba (colexiada nº 25430 do COITIM), o 16.11.2021, e no cal figura un orzamento de 24.186,36 €.

Todo isto de acordo coas seguintes condicións:

Primeira. Nedgia Galicia, S.A. constituirá, no prazo de dous meses, contados desde o momento do outorgamento da autorización, unha fianza por valor de 483,73 €, importe do 2 % do orzamento das instalacións, para garantir o cumprimento das súas obrigas, conforme o previsto no artigo 73.4 da Lei 34/1998, do 7 de outubro, e no artigo 82 do Real decreto 1434/2002, do 27 de decembro.

Esta fianza constituirase na Caixa Xeral de Depósitos da Consellería de Facenda da Xunta de Galicia, en calquera das formas sinaladas no artigo 11.3 do Decreto 1775/1967, do 22 de xullo, sobre o réxime de instalación, ampliación e traslado de industrias, e será devolta unha vez que se formalice a acta de posta en marcha das instalacións.

Segunda. A infraestrutura gasista que se autoriza realizarase de acordo coas especificacións e planos que figuran no proxecto titulado Proxecto de autorización administrativa e execución de instalacións para a ampliación de rede DN 8” e nova acometida DN 8” de gas natural á industria Aluminio Español S.L.U. en MOP 16 bar no termo municipal de Cervo (Lugo), e no cal figura un orzamento de 24.186,36 €.

Terceira. As instalacións e as súas montaxes deberán cumprir as disposicións e normas técnicas que en xeral sexan de aplicación e, en particular, as correspondentes ao Regulamento técnico de distribución e utilización de combustibles gasosos coas súas instrucións técnicas complementarias e as normas que os complementan, regulamentos electrotécnicos, normas UNE e demais normativa e directrices vixentes, así como cantas as substitúan ou se diten a nivel estatal ou desta comunidade, e deberán preverse para responder aos avances tecnolóxicos no eido do gas e lograr abastecementos flexibles e seguros.

Cuarta. O prazo para a posta en marcha das instalacións que se autorizan será de doce meses, contados a partir da data da última autorización administrativa necesaria para a súa execución.

Unha vez construídas as instalacións autorizadas, a empresa promotora deberá presentar a solicitude de posta en marcha ante a xefatura territorial, quen deberá emitila, logo das comprobacións técnicas que considere oportunas.

Quinta. Previamente ao levantamento da acta de posta en marcha, a xefatura territorial solicitará á empresa promotora os ensaios e probas oportunas, así como o certificado de dirección e remate de obra, no cal conste que a construción e montaxe das instalacións se efectuaron de acordo cos proxectos correspondentes, acreditando, así mesmo, expresamente, o cumprimento das condicións técnicas e prescricións regulamentarias de aplicación.

Sexta. A empresa promotora deberá iniciar a subministración de gas no prazo dun mes, contado a partir da data en que a xefatura territorial formalice a acta de posta en marcha.

Sétima. A autorización outórgase sen prexuízo de terceiros e independentemente das autorizacións ou licenzas de competencia doutros organismos ou entidades públicas necesarias para realizar as instalacións aprobadas.

Oitava. A Administración reserva para si o dereito a deixar sen efecto a presente autorización por calquera das causas sinaladas no artigo 34.1 do Decreto 1775/1967, do 22 de xullo, sobre o réxime de instalación, ampliación e traslado de industrias; por incumprimento das condicións estipuladas; por facilitar datos inexactos ou por calquera outra causa legal ou regulamentaria que así o prevexa.

Contra a presente resolución, que non pon fin á vía administrativa, cabe interpoñer recurso de alzada ante o vicepresidente segundo e conselleiro de Economía, Empresa e Innovación, no prazo dun mes, a partir do día seguinte ao da súa notificación ou publicación, de conformidade cos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, sen prexuízo de que os interesados poidan interpoñer outro recurso que consideren pertinente.

Lugo, 3 de maio de 2022

O xefe territorial de Lugo
P.A. (Decreto 230/2020, do 23 de decembro)
Juan Carlos Morán del Pozo
Xefe do Servizo de Administración Industrial