Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 110 Xoves, 9 de xuño de 2022 Páx. 33872

III. Outras disposicións

Consello de Contas de Galicia

EXTRACTO da Resolución do 23 de maio de 2022 pola que se ordena a publicación do Acordo do Pleno do 18 de maio de 2022 polo que se procede á modificación das bases reguladoras e á convocatoria do III Premio de Investigación Carlos G. Otero Díaz.

BDNS (Identif.): 632209.

De conformidade co previsto nos artigos 17.3.b) e 20.8.a) da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeneral de subvencións, publícase o extracto da convocatoria cuxo texto completo pódese consultar na Base de datos nacional de subvencións (BDNS) (http://www.pap-minhap.bdnstrans/index).

Primeiro. Persoas beneficiarias

Autores ou coautores de traballos de investigación, que teñan o seu domicilio en calquera dos Estados membros da Unión Europea, que poderán ter a condición de persoa física ou grupo de investigación composto por persoas físicas, baixo a coordinación dun dos seus integrantes, que actuará como representante do grupo e responsable do traballo para os efectos oportunos.

Segundo. Obxecto

Distinguir aqueles traballos de investigación cuxo contido garde relación coa prevención da corrupción nas administracións públicas.

Terceiro. Bases reguladoras

Acordo do Pleno do Consello de Contas, do 23 de setembro de 2019, polo que se crea o Premio de Investigación Carlos G. Otero Díaz e se establecen as bases reguladoras para a súa concesión, publicado por Resolución do Conselleiro Maior, do 29 de outubro de 2019 (DOG núm. 215, do 12 de novembro), modificadas polo Acordo do Pleno do Consello de Contas de Galicia, do 18 de maio de 2022.

Cuarto. Financiamento

O premio previsto nesta convocatoria farase efectivo con cargo á aplicación orzamentaria 02.01.111C.481.01 dos orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2022.

Quinto. Importe

A dotación económica do III Premio de Investigación Carlos G. Otero Díaz é de 4.500 euros, distribuídos da seguinte forma:

a) Primeiro premio: 3.000,00 euros.

b) Segundo premio: 1.500,00 euros.

c) Accésits: no caso de ser declarados desertos o primeiro e segundo premios, poderanse conceder ata tres accésits de 1.000,00 euros cada un.

Sexto. Prazo de presentación.

O prazo iníciase ao día seguinte da publicación da convocatoria e finaliza o 31 de outubro de 2022.

Santiago de Compostela, 23 de maio de 2022

José Antonio Redondo López
Conselleiro maior do Consello de Contas de Galicia