Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 111 Venres, 10 de xuño de 2022 Páx. 34189

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural

ANUNCIO do 20 de maio de 2022, do Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Pontevedra, polo que se publica o acordo de iniciación do expediente de clasificación do monte Laxe, a favor da Comunidade de Montes Veciñais en Man Común de Salvaterra, na parroquia de Salvaterra, concello de Salvaterra de Miño.

O Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Pontevedra, na sesión celebrada o día 6 de outubro de 2021, acordou iniciar os trámites para a clasificación como veciñal en man común do seguinte monte:

Concello: Salvaterra de Miño.

Parroquia: Salvaterra.

Nome do monte: Laxe.

Cabida: 16.228 m2 aprox. (superficie alegada na solicitude).

Estremas:

Norte: Enriqueta Porto, Manuel González González, Agustín Piñeiro Moure, Emilio Lorenzo Porto, Herminio Piñeiro, Ángela Lorenzo Porto, camiño.

Sur: camiño, Camilo Otero Abril, Antonio Romero Vaqueiro.

Leste: comunal ocupado, herdeiros Germán Fuentes, Antonio Sobrado González, Manuel Rodríguez Rodríguez, Esperanza Porto Rodríguez, Ermitas Antonio Lorenzo Lorenzo, Elmiro Couto Pacheco, Atilano Alonso Lorenzo, Camilo Otero, Luis Diéguez Diéguez.

Oeste: camiño, Antonio Lorenzo Alonso, Antonio Souto González, Rosa Serodio, Víctor González Lago, Máximo Rivas Guillade.

O que se pon en coñecemento de todas as persoas interesadas, indicándolles que se abre un período dun mes para que poidan examinar o expediente e efectuar as alegacións que coiden convenientes, así como achegar os documentos ou informacións que xulguen oportunas, de conformidade co disposto no artigo 23 do Decreto 260/1992, do 4 de setembro, polo que se aproba o Regulamento para a execución da Lei 13/1989, do 10 de outubro, de montes veciñais en man común.

Pontevedra, 20 de maio de 2022

Xosé Carlos Morgade Martínez
Instrutor