Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 111 Venres, 10 de xuño de 2022 Páx. 34195

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural

ANUNCIO do 26 de maio de 2022, da Xefatura Territorial de Pontevedra, polo que se lles notifica a varias persoas interesadas a resolución de modificación das bases definitivas da zona de reestruturación parcelaria de Romai (Portas-Pontevedra).

De conformidade co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, logo de intentada a notificación sen que se puidese efectuar, notifícaselles ás persoas interesadas, por medio deste anuncio publicado no Boletín Oficial del Estado (BOE), o acto administrativo sinalado no anexo.

Así mesmo, este anuncio publicarase no Diario Oficial de Galicia, aínda que a eficacia do acto notificado quedará supeditada á súa publicación no BOE.

Para coñecer o contido íntegro do acto que se notifica, as persoas interesadas poderán comparecer no prazo de dez (10) días hábiles, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, nas dependencias do Servizo de Infraestruturas Agrarias da Consellería do Medio Rural en Pontevedra (avenida María Victoria Moreno, 43, 2º andar, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, con cita previa (teléfono 986 80 54 40).

Transcorrido o devandito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día da súa publicación.

Pontevedra, 26 de maio de 2022

Antonio Crespo Iglesias
Xefe territorial de Pontevedra

ANEXO

Nº de expediente

Interesado/a

Acto que se notifica

612

35384961J

Resolución modificación bases definitivas

53

35409194G

Resolución modificación bases definitivas

218

35422914Q

Resolución modificación bases definitivas

217

76871945B

Resolución modificación bases definitivas

1191

35437584F

Resolución modificación bases definitivas

-

76871945B

Resolución modificación bases definitivas

1205

35488070J

Resolución modificación bases definitivas