Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 111 Venres, 10 de xuño de 2022 Páx. 34197

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia Galega de Desenvolvemento Rural

RESOLUCIÓN do 23 de maio de 2022 pola que se fan públicas a declaración da aldea modelo de Pedrosa (Riós-Ourense), a aprobación definitiva da súa guía de ordenación produtiva, a integración cautelar na aldea modelo e a incorporación preventiva de determinadas parcelas ao Banco de Terras de Galicia.

En cumprimento do disposto no artigo 47 ter 8 da Lei 6/2011, do 13 de outubro, de mobilidade de terras, na súa introdución e redacción dada polo punto dous do artigo 18 da Lei 7/2019, do 23 de decembro, de medidas fiscais e administrativas, e en cumprimento do disposto no artigo 47 quater 3 da Lei 6/2011, do 13 de outubro, de mobilidade de terras, na súa introdución polo número dous do artigo 14 da Lei 4/2021, do 28 de xaneiro, de medidas fiscais e administrativas, fanse públicas a declaración da aldea modelo de Pedrosa (Riós-Ourense), polo Acordo do 21 de maio de 2021, do Consello de Dirección da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural (Agader), CVE 2XD5DevTM1 verificable en https://sede.xunta.gal/cve, a aprobación definitiva da súa guía de ordenación produtiva, a integración cautelar na aldea modelo e a incorporación preventiva de determinadas parcelas ao Banco de Terras de Galicia, pola Resolución do 23 de maio de 2022, do Consello de Dirección da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural (Agader), CVE BtkQri5q69E8 verificable en https://sede.xunta.gal/cve .

Contra os citados acordo e resolución, que esgotan a vía administrativa, poderase interpoñer potestativamente recurso de reposición, ante o Consello de Dirección da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural (Agader), no prazo dun mes, ou directamente recurso contencioso-administrativo ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Santiago de Compostela, no prazo de dous meses, de conformidade cos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, e 6 e seguintes e 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa; en ambos os dous casos o prazo contarase desde o día seguinte ao da notificación da resolución ou acto administrativo. Non obstante, poderase interpoñer calquera outro recurso que se considere procedente.

Santiago de Compostela, 23 de maio de 2022

Inés Santé Riveira
Directora xeral da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural