Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 111 Venres, 10 de xuño de 2022 Páx. 34205

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Betanzos

ANUNCIO do estudo de detalle para a reordenación de dúas parcelas situadas na vía 9 do polígono de Piadela.

A Xunta de Goberno local, en sesión do 24 de febreiro de 2022, acordou aprobar inicialmente o estudo de detalle para a reordenación de dúas parcelas situadas na vía 9 do polígono industrial de Piadela, no concello de Betanzos. As referencias catastrais, para os efectos de identificación das parcelas, son 2018803NH6921N0001ML, para a parcela identificada como parcela 35, e 2117401NH6921N0001XL, para a parcela identificada como parcela EC-1A. O dito proxecto formulouse por instancia de Terrenos Piadela, S.A. con data do 18 de setembro de 2018 (rexistro de entrada SIR180111737893, redactado polo arquitecto Gumersindo Freire López (COAG número 4384).

En cumprimento do artigo 80.2 da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia, e dos artigos 194.2 e 207 do seu regulamento, sométese o expediente a información pública durante o prazo dun (1) mes, contado a partir do día seguinte á última das publicacións deste anuncio no Diario Oficial de Galicia ou nalgún dos xornais de maior difusión da provincia, para que calquera poida examinar o estudo de detalle e formular as alegacións oportunas.

A documentación estará dispoñible no taboleiro de anuncios da sede electrónica do Concello e na súa páxina web.

Tamén se poderá consultar fisicamente nas oficinas de Urbanismo do Concello de Betanzos (praza de Galicia, número 1), das 9.00 ás 13.00 horas, logo de cita que se solicitará por escrito no Rexistro Municipal.

Betanzos, 19 de maio de 2022

María Barral Varela
Alcaldesa