Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 111 Venres, 10 de xuño de 2022 Páx. 34206

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Cuntis

ANUNCIO da oferta de emprego público para a estabilización do emprego temporal.

Por Decreto da alcaldía do 31 de maio de 2022, acordouse aprobar a oferta de emprego público do Concello de Cuntis para a estabilización do emprego temporal ao abeiro da Lei 20/2021, de medidas urxentes para a redución da temporalidade no emprego público correspondente ao exercicio 2022, nos seguintes termos:

Persoal funcionario:

Denominación da praza

Grupo

Núm. vacantes

Sistema selectivo

Axente TIC (*)

C1

1

Concurso

Operario tractor rozadora

C2

1

Concurso

Persoal laboral:

Denominación da praza

Categoría profesional

Núm. vacantes

Sistema selectivo

Técnico/a axudante de intervención

II

1

Concurso

Axente desenvolvemento local

I

1

Concurso

Operador/a de maquinaria

IV

1

Concurso

Condutor/a camión

IV

1

Concurso

Mestre/a de educación de adultos (*)

II

1

Concurso

Mestre/a de educación de adultos (*)

I

1

Concurso

Técnico/a en RRHH

II

1

Concurso

Auxiliar administrativo/a

IV

1

Concurso

Enxeñeiro/a técnico/a dpto. obras e medioambiente

II

1

Concurso

Operario/a servizos múltiples

V

1

Concurso

Operario/a protección civil

IV

1

Concurso

Administrativo/a

III

1

Concurso

Técnico/a drogodependencias (*)

I

1

Concurso

Técnico/a en orientación laboral

II

1

Concurso

Operario/a maquinaria pesada

IV

1

Concurso-oposición

Operario/a protección civil

IV

1

Concurso-oposición

(*) Xornada parcial

Contra o acordo de aprobación da oferta de emprego público, que pon fin á vía administrativa, poderase interpoñer o recurso potestativo de reposición ante o alcalde-presidente do Concello de Cuntis no prazo de un mes a contar desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no BOP, ao abeiro do establecido no artigo 124 da Lei 39/2015, de procedemento administrativo común das administracións públicas, ou ben directamente o recurso contencioso-administrativo ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Pontevedra no prazo de dous meses, contados desde o día seguinte ao desta publicación, consonte ao disposto nos artigos 8.1 e 46.1 da Lei 29/1998, do 13 de xuño, da xurisdición contencioso-administrativa.

Non obstante, tamén poderase interpoñer calquera outro recurso que os interesados estimen procedentes conforme a dereito.

Cuntis, 2 de xuño de 2022

Manuel Campos Velay
Alcalde