Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 113 Martes, 14 de xuño de 2022 Páx. 34401

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda

ORDE do 2 de xuño de 2022 pola que se anuncia a convocatoria pública para a provisión, polo sistema de libre designación, dun posto de traballo vacante no Instituto Galego da Vivenda e Solo.

De conformidade co establecido no artigo 92 da Lei 2/2015, do 29 de abril, do emprego público de Galicia, e no artigo 16 do Decreto 93/1991, do 20 de marzo, polo que se aproba o Regulamento de provisión de postos de traballo, promoción profesional e promoción interna, e no uso das atribucións conferidas polo artigo 17.2.c) da citada lei,

DISPOÑO:

Primeiro. Anunciar a convocatoria para a provisión, polo sistema de libre designación, do posto de traballo que se indica no anexo I desta orde.

Segundo. Poderán concorrer a ela os/as empregados/as públicos que reúnan as condicións que para o posto de traballo se sinalan no anexo I.

Terceiro. As solicitudes presentaranse preferiblemente por vía electrónica a través do procedemento normalizado con código de procedemento PR004A dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia https://sede.xunta.gal. As ditas solicitudes deberán ir dirixidas á Dirección Xeral do Instituto Galego da Vivenda e Solo, no prazo de 15 días contados a partir do seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia, segundo o modelo que se inclúe como anexo II. Para a presentación electrónica poderá empregarse calquera dos medios de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365).

Tamén se poderán presentar no rexistro xeral do Instituto Galego de la Vivenda e Solo (Polígono das Fontiñas, Área Central, s/n, 15781 Santiago de Compostela), nas súas áreas provinciais ou nas oficinas previstas no artigo 16 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Cuarto. Os aspirantes deberán achegar coa solicitude un currículo e xustificar documentalmente os méritos que aleguen.

Os méritos alegados e non probados da maneira que se sinala no punto anterior non se terán en conta.

Quinto. Se a persoa seleccionada para ocupar o posto de traballo correspondente que se anuncia no anexo I desta orde ten destino noutras administracións públicas, tramitarase o seu traslado a esta comunidade autónoma conforme o previsto no artigo 67 do Real decreto 364/1995, do 10 de marzo, e demais disposicións concordantes.

Se no prazo de dous (2) meses a partir da publicación no Diario Oficial de Galicia, o/a funcionario/a seleccionado/a non se puidese incorporar á Comunidade Autónoma, considerarase deserta a cobertura do posto e poderase proceder de novo á súa provisión.

Sexto. Esta convocatoria resolveraa a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda. A resolución publicarase no Diario Oficial de Galicia e, de considerarse oportuno, poderá declararse deserta a cobertura do posto de traballo.

Sétimo. O prazo para tomar posesión do novo destino será de tres días hábiles se non implica cambio de residencia ou de sete días hábiles se comporta cambio de residencia. Cando a persoa adxudicataria do posto obteña coa súa toma de posesión o reingreso o servizo activo, o prazo será de vinte días hábiles.

O prazo de toma de posesión empezará a contar a partir do día seguinte ao do cesamento, que se deberá producir dentro dos tres días seguintes ao da publicación da resolución no Diario Oficial de Galicia ou desde a data en que se comunique a resolución do traslado á Comunidade Autónoma, para o caso de funcionarios/as doutras administracións públicas.

Se a resolución comporta o reingreso ao servizo activo, o prazo de toma de posesión comezará a contarse a partir do día seguinte ao da publicación da resolución no Diario Oficial de Galicia.

Oitavo. Contra esta orde, que esgota a vía administrativa, as persoas interesadas poderán interpoñer recurso potestativo de reposición ante a conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, de conformidade co establecido o artigo 123 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, ou poderán impugnala directamente ante o xulgado do contencioso-administrativo competente no prazo de dous meses contados a partir da mesma data, segundo o establecido na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 2 de xuño de 2022

María Ángeles Vázquez Mejuto
Conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda

ANEXO I

Código do posto: MA.O11.00.006.15770.001.

Denominación: director/a técnico/a de Fomento.

Centro directivo: Instituto Galego da Vivenda e Solo.

Localidade: Santiago de Compostela.

Nivel: 30.

Complemento específico: 23.486,68 €.

Forma provisión: LD.

Subgrupo: A1.

Corpo/escala: xeral.

Adscrición Administración: AXG (adscrición a funcionarios/as da Xunta de Galicia).

Formación específica: ningunha.

missing image file