Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 113 Martes, 14 de xuño de 2022 Páx. 34398

III. Outras disposicións

Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades

ORDE do 6 de xuño de 2022 pola que se modifica o articulado e o anexo IV da Orde do 11 de xaneiro de 2022 pola que se convocan axudas para a realización de actividades de formación en linguas estranxeiras no ano 2022, destinadas ao alumnado dos centros docentes sostidos con fondos públicos, en réxime de concorrencia competitiva (código de procedemento ED504B).

A Orde do 11 de xaneiro de 2022, publicada no DOG o 31 de xaneiro de 2022, pola que se convocan axudas para a realización de actividades de formación en linguas estranxeiras no ano 2022, destinadas ao alumnado dos centros docentes sostidos con fondos públicos, en réxime de concorrencia competitiva, establece no seu artigo catro o importe destas axudas para o ano 2022.

Con posterioridade á publicación desta convocatoria tiveron lugar graves acontecementos que non eran previsibles á hora da súa tramitación. A invasión de Ucraína por parte de Rusia xerou importantes consecuencias en todas as ordes e moi directamente no ámbito económico.

Produciuse, así, un aumento abrupto e xeneralizado de custos das materias primas e dos bens intermedios, disparáronse os prezos dos combustibles e todo iso levou a un proceso inflacionista que xa rolda o 10 %, coa consecuente deriva no incremento de prezos de bens e servizos.

Esta situación provocou que a licitación tramitada para o efecto quedase deserta e, por tanto, xorde a necesidade de reaxustar á alza o importe das axudas convocadas para adaptalas aos prezos actuais e desta forma garantir o correcto desenvolvemento das actividades programadas e asegurar as mellores condicións nos desprazamentos, estadía e aprendizaxe das linguas estranxeiras ao noso alumnado.

Esta variación, en liña cos obxectivos da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades por manter a igualdade de oportunidades para o alumnado de Galicia, non supoñerá ningunha modificación nas condicións en que participa o alumnado e as súas familias, nin na cantidade económica que hai que achegar.

De acordo co establecido no artigo 3 do Regulamento que desenvolve a Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, aprobado polo Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, non é necesaria a realización dunha nova convocatoria ao tratarse de axudas en especie.

En consecuencia, facendo uso das competencias que me confire o artigo 34.6 da Lei 1/1983, do 22 de febreiro, reguladora da Xunta e da súa Presidencia,

DISPOÑO:

Artigo único.

Increméntase o importe das axudas para a realización de actividades de formación en linguas estranxeiras no ano 2022 ata o importe de 1.248.234,96 euros con cargo á aplicación orzamentaria 10.30.423A.480.0 dos orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2022.

Adáptase o anexo IV á nova realidade e queda como segue.

Disposición derradeira única. Entrada en vigor

Esta orde entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no DOG.

Santiago de Compostela, 6 de xuño de 2022

O conselleiro de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades
P.D. (Orde do 9.2.2021)
Manuel Vila López
Secretario xeral técnico da Consellería de Cultura, Educación,
Formación Profesional e Universidades

ANEXO IV

Achega das familias (€)

Modalidade

Duración

Réxime aloxamento

Nº prazas

Repartición das prazas por grupos

Custo por praza (€)

Grupo A

Grupo B

Grupo C

Grupo D

Grupo A

Grupo B

Grupo C

Grupo D

2º Bach.

Inglés en Canadá

3 semanas

Familia

80

32

24

16

8

3.605

375

670

1.180

1.475

Inglés no Reino Unido

3 semanas

Familia

90

36

27

18

9

2.469

285

510

898

1.122

Francés en Francia

3 semanas

Familia ou residencia

15

6

4

3

2

2.469,01

285

510

898

1.122

Portugués en Portugal

3 semanas

Familia ou residencia

5

2

1

1

1

2.199,78

254

454

800

1.000

1º Bach.

Inglés no Reino Unido

3 semanas

Familia

150

60

45

30

15

2.469

285

510

898

1.122

Inglés en Canadá

3 semanas

Familia

135

54

40

27

14

3.605

375

670

1.180

1.475

Inglés en Canadá- Integración

4 semanas

Familia

30

12

9

6

3

4.167

428

764

1.347

1.684

Francés en Francia

3 semanas

Familia ou residencia

15

6

4

3

2

2.469,01

285

510

898

1.122

Portugués en Portugal

3 semanas

Familia ou residencia

5

2

1

1

1

2.199,78

254

454

800

1.000

Total prazas:

525

210

155

105

55