Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 113 Martes, 14 de xuño de 2022 Páx. 34396

III. Outras disposicións

Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades

ORDE do 2 de xuño de 2022 pola que se autorizan as ensinanzas elementais de música no Conservatorio Profesional de Música de Tui.

A representación do Concello de Tui solicita autorización para impartir as ensinanzas elementais de música no Conservatorio Profesional de Música de Tui.

O Real decreto 303/2010, do 15 de marzo, establece os requisitos mínimos dos centros que impartan ensinanzas artísticas, e o Decreto 253/1995, do 29 de setembro, desenvolvido pola Orde do 5 de decembro de 1995, regula o procedemento para a autorización de centros docentes privados para impartir ensinanzas artísticas, trámites preceptivos iniciados na Xefatura Territorial de Pontevedra que achega o expediente cos correspondentes informes para a autorización das devanditas ensinanzas.

Por isto, por proposta da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos,

DISPOÑO:

Artigo 1. Autorización das ensinanzas elementais de música

Autorizar as ensinanzas elementais de música, quedando o conservatorio configurado como se sinala a seguir:

Denominación: Conservatorio de Música (CMUS) Profesional de Tui.

Código do centro: 36024306.

Enderezo: avenida da Concordia, s/n.

Código postal: 36700.

Localidade: Tui.

Concello: Tui.

Provincia: Pontevedra.

Titular: Concello de Tui.

Composición resultante:

Ensinanzas elementais: 120 postos escolares.

Ensinanzas profesionais: 180 postos escolares.

Artigo 2. Inicio da actividade

Para a posta en funcionamento das ensinanzas que se autorizan, a Xefatura Territorial da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades de Pontevedra, logo do informe do Servizo Territorial de Inspección Educativa, aprobará expresamente a relación de persoal que impartirá docencia.

Artigo 3. Inscrición no Rexistro de Centros

Esta orde dará lugar á correspondente inscrición no Rexistro de Centros da Comunidade Autónoma de Galicia.

Artigo 4. Modificación da autorización

O centro queda obrigado ao cumprimento da normativa vixente e a solicitar a oportuna revisión cando teña que modificarse calquera dos datos que se sinalan nesta orde.

Disposición derradeira primeira. Recursos

Contra esta orde, que esgota a vía administrativa, as persoas interesadas poderán formular recurso potestativo de reposición ante esta consellería, no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, segundo o disposto nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, ou ben, directamente, recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses desde a mesma data, ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, de conformidade co artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Disposición derradeira segunda. Entrada en vigor

Esta orde entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 2 de xuño de 2022

Román Rodríguez González
Conselleiro de Cultura, Educación, Formación Profesional
e Universidades