Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 113 Martes, 14 de xuño de 2022 Páx. 34387

III. Outras disposicións

Consellería de Infraestruturas e Mobilidade

DECRETO 98/2022, do 25 de maio, polo que se declara, en concreto, a utilidade pública e se dispón a urxente ocupación dos bens e dereitos afectados polo proxecto de construción de mellora da capacidade e seguridade da AC-862, treito AG-64-Ponte Mera, puntos quilométricos 37+240-40+500, de clave AC/18/014.10.2, nos concellos de Cedeira, Cerdido e Ortigueira.

Antecedentes:

Primeiro. Con data do 3 de novembro de 2021 publicouse no Diario Oficial de Galicia núm. 211 o Anuncio do 7 de outubro de 2021 polo que se somete ao trámite de información pública a separata do proxecto de construción de mellora da capacidade e seguridade da AC-862, treito AG-64-Ponte Mera, puntos quilométricos 37+240-40+500, de clave AC/18/014.10.2, así como a relación individual de bens, dereitos e propietarios afectados polo proxecto referenciado.

Segundo. Tras a análise dos informes, alegacións e certificados presentados, o 13 de maio de 2022 apróbase o expediente de información pública e o proxecto de construción de mellora da capacidade e seguridade da AC-862, treito AG-64-Ponte Mera, puntos quilométricos 37+240-40+500, de clave AC/18/014.10.2.

O obxecto do proxecto é a definición técnica das actuacións de mellora da capacidade e da seguridade viaria no treito comprendido entre o enlace de conexión coa autovía Ferrol-Vilalba (AG-64) en San Sadurniño ata Ponte Mera, en Ortigueira. Estas actuacións teñen como finalidade a rectificación puntual de trece curvas de raio reducido, a rehabilitación do firme con mesturas bituminosas en quente, a realización de gabias de seguridade a modo de sobreancho practicable, e a mellora xeral da vía coa ampliación da plataforma, dotando de carrís lentos os treitos en pendente, que permitan adiantamentos.

A competencia para a execución da expropiación forzosa, no ámbito das estradas non incorporadas á rede do Estado, con itinerarios que se desenvolvan integramente no seu territorio, correspóndelle á Comunidade Autónoma de Galicia, ao abeiro do apartado dous do artigo 28 do Estatuto de autonomía de Galicia, aprobado pola Lei orgánica 1/1981, do 6 de abril.

Correspóndelle ao Consello da Xunta de Galicia, como órgano equivalente ao Consello de Ministros, no ámbito da Administración autonómica, o recoñecemento concreto da utilidade pública e a declaración da urxente ocupación dos bens afectados pola expropiación a que dá lugar a realización da obra, segundo o previsto nos artigos 10 e 52 da Lei do 16 de decembro de 1954, de expropiación forzosa.

Na súa virtude, por proposta da conselleira de Infraestruturas e Mobilidade e logo da deliberación do Consello da Xunta de Galicia, na súa reunión do día vinte e cinco de maio de dous mil vinte e dous,

DISPOÑO:

Artigo único

Declarar, en concreto, a utilidade pública e a necesidade de urxente ocupación para os efectos de expropiación forzosa, dos bens e dereitos que se concretan no expediente administrativo instruído, así como en calquera das modificacións que sexa necesario realizar para a execución do proxecto de construción de mellora da capacidade e seguridade da AC-862, treito AG-64-Ponte Mera, puntos quilométricos 37+240-40+500, de clave AC/18/014.10.2.

Santiago de Compostela, vinte e cinco de maio de dous mil vinte e dous

Alfonso Rueda Valenzuela
Presidente

Ethel Mª Vázquez Mourelle
Conselleira de Infraestruturas e Mobilidade