Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 114 Mércores, 15 de xuño de 2022 Páx. 34570

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda

ANUNCIO do 1 de xuño de 2022, da Xefatura Territorial da Coruña, polo que se empraza a interesada para ser notificada por comparecencia no expediente sancionador en materia de tenza de animais potencialmente perigosos ANI-CO-0102/2021-V.

De conformidade co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, logo de intentar a notificación persoal dúas veces, emprázase a interesada que se sinala no anexo para ser notificada por comparecencia, segundo o disposto no artigo 46.

Os actos foron adoptados pola xefa territorial da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda na Coruña, segundo o Decreto 42/2019, do 28 de marzo, polo que se establece a estrutura orgánica da Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio.

A comparecencia deberase efectuar no prazo de dez días contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, na Xefatura Territorial da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, sita no Edificio Administrativo Monelos, Vicente Ferrer, nº 2, 8º, A Coruña, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

Transcorrido o devandito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado (BOE).

A eficacia do presente anuncio queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do BOE.

A Coruña, 1 de xuño de 2022

Cristina Carrión Rodríguez
Xefa territorial da Coruña

Anexo

Expediente

Interesada

Acto notificado

Acto adoptado pola

ANI-CO-0102/2021-V

Vanesa López Fernández

Proposta de resolución

Xefa territorial