Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 114 Mércores, 15 de xuño de 2022 Páx. 34568

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda

ANUNCIO do 25 de abril de 2022, da Dirección Xeral de Calidade Ambiental, Sostibilidade e Cambio Climático, polo que se somete a información pública a solicitude de autorización ambiental integrada e o estudo de impacto ambiental presentados por Mariño, S.C. para a ampliación dunha explotación de ceba de porcos situada no lugar das Barreiras, parroquia da Broza, concello do Saviñao, provincia de Lugo (expediente 2021-IPPC-I-106).

Conforme o disposto no artigo 29 da Lei 5/2017, do 19 de outubro, de fomento da implantación de iniciativas empresariais en Galicia (DOG núm. 203, do 25. de outubro), faise público que, por espazo de trinta (30) días hábiles, contados a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, quedará exposto o documento titulado:

– «Proxecto básico de ampliación de cebadeiro porcino en 3.060 prazas e balsa de xurros de 3.328,50 m3 de capacidade.

Localización: A Broza, O Saviñao, Lugo.

Promotor: Mariño, S.C.».

para que calquera persoa interesada poida consultalo e, de ser o caso, presentar dentro do citado prazo as alegacións, suxestións ou observacións que considere convenientes.

O documento estará á disposición dos administrados nas dependencias da Dirección Xeral de Calidade Ambiental, Sostibilidade e Cambio Climático, Servizo de Prevención e Control Integrados da Contaminación, en horario de atención ao público (rúa de San Lázaro, s/n, 15781 Santiago de Compostela).

Ademais, tamén se poderá consultar na páxina web da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda (http://cmatv.xunta.gal>>medio ambiente e sostibilidade>>prevención e control de actividades>>autorización ambiental integrada>>proxectos en información pública).

As alegacións, suxestións ou observacións dirixiranse ao Servizo de Prevención e Control Integrados da Contaminación.

Santiago de Compostela, 25 de abril de 2022

María Sagrario Pérez Castellanos
Directora xeral de Calidade Ambiental, Sostibilidade e Cambio Climático

ANEXO

Memoria resumo

Clave do expediente: 2021-IPPC-I-106.

Categoría principal da actividade: anexo I, categoría 9.3.b) do Real decreto lexislativo 1/2016, do 16 de decembro.

Peticionaria: Mariño, S.C.

NIF: J27478445.

Razón social: lugar Vilelos, Susmil, núm. 96, 27547 O Saviñao (Lugo).

Localización da instalación: lugar das Barreiras, parroquia da Broza, concello do Saviñao (Lugo).

Actividade: explotación de porcos de ceba.

Descrición: actualmente a explotación conta cunha nave con capacidade para 1.980 prazas de ceba, dúas fosas de formigón armado para o almacenamento de xurro, local de servizo e pechamento sanitario, e proxéctase a construción de dúas naves máis con capacidade para 1.260 e 1.800 prazas, cada unha delas, e dúas balsas de lámina de polietileno termosoldada colocada sobre manta xeotéxtil.

O xurro xerado na explotación será entregado a un xestor autorizado.

Verteduras:

– Augas residuais procedentes do aseo da explotación que son conducidas á fosa séptica existente, para posteriormente ser conducidas a fosa de xurro.

– Augas residuais de limpeza das naves, que serán conducidas ás fosas/balsas de xurro.

– Augas pluviais, que serán recollidas e vertidas na parcela mediante pozos de infiltración.