Por Resolución do 10 de maio de 2022 (DOG núm. 93, do 13 de maio) publicouse a relación provisional de persoas admitidas e excluídas no concurso ordinario para a provisión de postos de traballo vacantes do corpo superior de Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, escala superior de estatísticos, e do corpo de xestión de Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, escala técnica de estatísticos, convocado pola Resolución da Dirección Xeral da Función Pública do 5 de abril de 2022.
Transcorrido o prazo establecido nas bases para presentar reclamacións á exclusión das listas provisionais e dado que non se recibiu ningunha reclamación, esta dirección xeral
RESOLVE:
Elevar a definitiva a relación de persoas solicitantes admitidas e excluídas do concurso ordinario para a provisión de postos de traballo vacantes do corpo superior de Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, escala superior de estatísticos, e do corpo de xestión de Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, escala técnica de estatísticos.
A relación de persoas admitidas pódese consultar no portal web corporativo da Xunta de Galicia, http://funcionpublica.xunta.gal, na epígrafe «concurso de traslados». Todas as persoas participantes están admitidas.
Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, poderase interpoñer recurso potestativo de reposición, ante este mesmo órgano, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, de conformidade co establecido na Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas ou, directamente, recurso contencioso-administrativo ante o xulgado do contencioso administrativo correspondente, no prazo de dous meses contados desde a mesma data e de conformidade co establecido na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.
Santiago de Compostela, 14 de xuño de 2022
O conselleiro de Facenda e Administración Pública
P.D. (Orde do 8.1.2020)
José María Barreiro Díaz
Director xeral da Función Pública


