Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 116 Venres, 17 de xuño de 2022 Páx. 34877

IV. Oposicións e concursos

Servizo Galego de Saúde

RESOLUCIÓN do 10 de xuño de 2022, da Dirección Xeral de Recursos Humanos, pola que se nomea novo membro do tribunal cualificador do concurso-oposición para o ingreso na categoría de calefactor/a, convocado pola Resolución do 18 de xuño de 2021.

Mediante a Resolución da Dirección Xeral de Recursos Humanos do Servizo Galego de Saúde, do 20 de xaneiro de 2022 (DOG núm. 22, do 2 de febreiro), nomeouse o tribunal cualificador para o ingreso na categoría de calefactor/a.

Na base sétima da Resolución do 18 de xuño de 2021, de convocatoria do proceso, disponse que a autoridade convocante publicará no Diario Oficial de Galicia a resolución pola que se nomeen novos membros que teñan que substituír os que perderon a súa condición por algunha das causas previstas.

De conformidade coa mencionada base, e por circunstancias sobrevidas, esta dirección, como órgano convocante do proceso,

ACORDA:

Nomear, con efectos desde a data da presente resolución, novo membro, na condición de secretario/a titular do tribunal cualificador do concurso-oposición para o ingreso na categoría de calefactor/a, convocado pola Resolución do 18 de xuño de 2021 (DOG núm. 126, do 5 de xullo), nos termos que a seguir se indican:

Secretario/a titular: Montero Furelos, Mª José, persoal estatutario de xestión e servizos. Grupo técnico da función administrativa, en substitución de González Nores, María, persoal estatutario de xestión e servizos. Técnico/a superior en prevención de riscos laborais.

Santiago de Compostela, 10 de xuño de 2022

Ana María Comesaña Álvarez
Directora xeral de Recursos Humanos