Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 116 Venres, 17 de xuño de 2022 Páx. 34818

III. Outras disposicións

Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades

RESOLUCIÓN do 8 de xuño de 2022, da Dirección Xeral de Formación Profesional, pola que se regulan os ciclos formativos plurilingües nas ensinanzas profesionais de artes plásticas e deseño (PluriArt) para o curso 2022/23.

A Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación, modificada pola Lei orgánica 3/2020, do 29 de decembro, recolle os obxectivos formulados pola Unión Europea para que as linguas sexan un medio para a construción da cidadanía europea, co fin de favorecer a mobilidade entre as persoas e o intercambio cultural e lingüístico. Así mesmo, no preámbulo da Lei orgánica 3/2020, do 29 de decembro, pola que se modifica a Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación, indícase que a cidadanía reclama un sistema educativo moderno, máis aberto, menos ríxido, multilingüe e cosmopolita que desenvolva todo o potencial e talento da nosa mocidade.

O Decreto 79/2010, do 20 de maio, para o plurilingüismo no ensino non universitario de Galicia, establece, no seu artigo 22, que nas ensinanzas artísticas, entre outras, se desenvolverán as habilidades de comunicación oral e escrita en lingua(s) estranxeira(s), de maneira progresiva e gradual, para facilitar o desempeño laboral no espazo europeo.

A Estratexia galega de linguas estranxeiras –EDUlingüe2030– ten como finalidade impulsar a aprendizaxe de idiomas estranxeiros e recolle, na liña de impacto L.1. Programa integral de extensión e afianzamento do ensino plurilingüe, estender o plurilingüismo nas ensinanzas de réxime especial, coa creación neste caso de PluriArt.

Cómpre, por tanto, ditar as instrucións para a implantación e o desenvolvemento dos ciclos formativos plurilingües nas ensinanzas profesionais de artes plásticas e deseño e, na súa virtude, esta dirección xeral

RESOLVE:

Primeiro. Obxecto e ámbito de aplicación

1. O obxecto desta resolución é regular o desenvolvemento de ciclos formativos plurilingües nas ensinanzas profesionais de artes plásticas e deseño no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia, así como establecer a convocatoria para as escolas de arte e superiores de deseño que desexen impartir estes ciclos plurilingües no curso 2022/23.

2. Será de aplicación nas escolas de arte e superiores de deseño do ámbito territorial da Comunidade Autónoma de Galicia.

Segundo. Finalidade dos ciclos formativos plurilingües das ensinanzas profesionais de artes plásticas e deseño

Os ciclos formativos plurilingües teñen como finalidade promover accións dirixidas á mellora das competencias lingüísticas do alumnado das ensinanzas profesionais de artes plásticas e deseño do Sistema educativo de Galicia, en concreto, desenvolver habilidades de comunicación oral e escrita en lingua(s) estranxeira(s), para facilitar o desempeño laboral no espazo europeo, tal como se recolle no artigo 22 do Decreto 79/2010, do 20 de maio, para o plurilingüismo no ensino non universitario de Galicia.

Terceiro. Obxectivos dos ciclos formativos plurilingües das ensinanzas profesionais de artes plásticas e deseño

Xunto cos obxectivos xerais marcados para as ensinanzas profesionais de artes plásticas e deseño, os ciclos formativos plurilingües favorecerán no alumnado o desenvolvemento de:

a) Habilidades de comunicación oral e escrita, tanto nas dúas linguas cooficiais como na(s) lingua(s) estranxeira(s) presente(s) nos ciclos formativos.

b) Destrezas de comunicación específicas do sector profesional ou ámbito produtivo en que se estea a formar o alumnado.

Cuarto. Ordenación dos ciclos formativos plurilingües das ensinanzas profesionais de artes plásticas e deseño

1. Enténdese por ciclo plurilingüe o ciclo formativo que cumpra o requisito de impartir en lingua estranxeira un ou máis módulos profesionais, tanto no primeiro curso do ciclo como no segundo.

O número de módulos que se cursen en lingua estranxeira poderá ampliarse sen superar, en todo caso, un terzo do horario do alumnado en lingua estranxeira. Os módulos que se impartan noutra lingua estranxeira seguiran a duración, a temporización e o currículo establecidos na súa normativa reguladora.

2. Con carácter xeral, os módulos profesionais serán impartidos en alemán, francés, inglés ou portugués. Se o idioma seleccionado polo centro é outro, deberase xustificar no proxecto de desenvolvemento a que se fai referencia no punto décimo primeiro desta resolución.

3. A escola de arte e superior de deseño informará o alumnado do carácter plurilingüe do ciclo formativo no proceso de acceso e admisión a estas ensinanzas.

4. A avaliación, a promoción e a titulación do alumnado incorporado a un ciclo formativo plurilingüe rexeranse polas normas establecidas con carácter xeral para estas ensinanzas.

Quinto. Requisitos das escolas de arte e superiores de deseño para desenvolver os ciclos formativos plurilingües das ensinanzas profesionais de artes plásticas e deseño

Para poderen impartir os ciclos formativos plurilingües, as escolas de arte e superiores de deseño deberán cumprir os seguintes requisitos:

a) Comprometerse a desenvolver os ciclos formativos plurilingües cando menos durante dous anos, de tal xeito que o alumnado que se incorpore no primeiro curso poida completar os dous cursos do ciclo formativo.

b) Iniciar os ciclos formativos plurilingües no primeiro curso destes ciclos.

c) Dispor de profesorado cualificado para impartir os módulos en lingua estranxeira.

d) Participar e colaborar no desenvolvemento dos procesos de avaliación do alumnado e dos propios centros que a Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades organice.

Sexto. Requisitos que deberá cumprir o profesorado

O profesorado que imparta módulos en lingua estranxeira deberá cumprir os seguintes requisitos:

a) Ter atribución docente para impartir estes módulos.

b) Acreditar, cando menos, o nivel B2 do Marco común europeo de referencia para as linguas (MCERL) na lingua obxecto do programa.

Sétimo. Profesorado coordinador dos ciclos formativos plurilingües das ensinanzas profesionais de artes plásticas e deseño

1. A dirección da escola de arte e superior de deseño nomeará unha persoa como coordinadora dos ciclos formativos plurilingües, por un período dun curso académico, entre o profesorado que posúa destino definitivo no centro que imparta un ou máis módulos en lingua estranxeira nun ou máis ciclos formativos plurilingües, e no caso de que haxa máis dun docente impartindo módulo ou módulos en idioma estranxeiro.

2. Son funcións do/da profesor/a coordinador/a:

a) Xestionar o seguimento e a coordinación co profesorado que imparta módulo/os en idioma estranxeiro e redactar acta dos temas tratados e dos acordos adoptados.

b) Identificar as necesidades de formación permanente en relación coa docencia en idioma estranxeiro e trasladárllelas ás estruturas de formación, a través da dirección da escola de arte e superior de deseño.

c) Dirixir e orientar o labor da persoa de apoio para a aprendizaxe do idioma dos ciclos formativos plurilingües, nativa no idioma.

d) Elaborar a memoria de fin de curso relativa á docencia en idioma estranxeiro.

e) Promover a colaboración entre os centros que formen parte da Rede de centros con ciclos formativos plurilingües e da Rede de centros plurilingües, e con todas as persoas e os organismos que puidesen ofrecer colaboración.

3. O/a coordinador/a do programa contará coa redución dun período lectivo no seu horario, o que en ningún caso suporá un aumento no cadro de persoal da escola de arte e superior de deseño.

Oitavo. Compromisos que deberá asumir o profesorado

O profesorado que imparta módulos en lingua estranxeira en ciclos formativos quedará comprometido a:

a) Participar, polo menos unha vez ao trimestre, nunha sesión de seguimento e coordinación convocada polo/a coordinador/a do programa de ciclos formativos plurilingües.

b) Colaborar na elaboración da memoria final anual que redactará o/a profesor/a coordinador/a.

c) Participar nas actividades de formación e de coordinación entre centros que programe a Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades.

d) Impartir o módulo en lingua estranxeira.

e) Asumir, no caso de que non exista profesor/a coordinador/a, as funcións propias deste/a.

Noveno. Apoio por parte da Administración educativa

1. A Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades asegurará que as vacantes que se produzan nos módulos vinculadas aos ciclos formativos plurilingües das ensinanzas profesionais de artes plásticas e deseño se cubran con profesorado coa debida competencia lingüística. Estableceranse os criterios selectivos necesarios para que as posibles substitucións temporais do profesorado participante no programa as realice aquel que posúa a debida competencia lingüística no idioma estranxeiro correspondente.

2. A Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades impulsará, dentro do seu Plan de formación, actividades específicas para o profesorado de ciclos formativos plurilingües e facilitará a dispoñibilidade de recursos didácticos e materiais específicos, así como de orientacións didácticas para o desenvolvemento do programa.

3. A Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades, a través das distintas convocatorias, artellará os mecanismos para que as escolas de arte e superiores de deseño con ciclos formativos plurilingües conten con persoas nativas no idioma estranxeiro do ciclo para o apoio ao alumnado e ao profesorado, e para mellorar o desenvolvemento do programa.

4. A Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades facilitará a certificación correspondente ao alumnado que participe no programa, no relativo ao seu dominio da lingua estranxeira, e farase constar mediante dilixencia no historial académico do/da alumno/a.

Décimo. Certificación de participación

O profesorado que participe neste programa de innovación educativa recibirá un certificado acreditativo ao remate de cada curso escolar, cunha equivalencia de 50 horas de formación do profesorado para aquel que imparta módulos en lingua estranxeira, e con independencia do número de módulos impartidos e do número de ciclos plurilingües.

Décimo primeiro. Documentación

As escolas de arte e superiores de deseño realizarán a solicitude no modelo que se xunta como anexo desta resolución, ao cal engadirán o proxecto de desenvolvemento dos ciclos formativos plurilingües, coa concreción para o primeiro curso dos ciclos formativos (curso académico 2022/23) e a planificación para o segundo curso dos ciclos (curso académico 2023/24), e incluirán:

a) Xustificación e obxectivos.

b) Relación de módulos profesionais que se solicite impartir en lingua estranxeira, con indicación desta.

c) Información relativa á experiencia en plans e/ou programas relacionados coas linguas estranxeiras en que participou o centro.

d) Relación do profesorado que vaia impartir docencia. De ser o caso, acreditación de que se realizou a solicitude de prazas vacantes de persoal docente coa debida competencia lingüística.

e) Indicación da persoa coordinadora dos ciclos formativos plurilingües, no caso de que proceda o seu nomeamento.

O proxecto virá asinado polo/a director/a da escola de arte e superior de deseño.

Décimo segundo. Forma e prazo de presentación

Cada escola de arte e superior de deseño deberá enviar unha única solicitude segundo o anexo, asinada polo/a director/a, dirixida ao director xeral de Formación Profesional.

Xunto coa solicitude deberá presentarse a documentación indicada no punto anterior.

A solicitude e documentación dirixirase á Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades, Dirección Xeral de Formación Profesional, e presentarase a través do enderezo de correo electrónico xsereap@edu.xunta.gal, debendo identificarse coa denominación «PluriArt EASD».

Logo de recibida a solicitude de participación nos ciclos formativos plurilingües, a Dirección Xeral de Formación Profesional solicitará o informe pertinente á Inspección Educativa.

O prazo de presentación de solicitudes comezará o día seguinte ao da publicación da presente resolución no Diario Oficial de Galicia e rematará o día 14 de xullo de 2022.

Décimo terceiro. Resolución

1. O director xeral de Formación Profesional ditará unha resolución que conterá a relación de escolas de arte e superiores de deseño e ciclos autorizados para impartir ciclos formativos plurilingües no Diario Oficial de Galicia, no prazo máximo de cinco meses, contados desde o remate do prazo de solicitude. Transcorrido este prazo sen que se publique a resolución, os centros solicitantes poderán entender desestimadas, por silencio administrativo, as súas solicitudes.

Contra esta resolución poderase interpor recurso de alzada ante o conselleiro de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, de acordo co disposto nos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Décimo cuarto. Seguimento e avaliación

1. As escolas de arte e superiores de deseño que impartan os ciclos formativos plurilingües establecerán na súa programación xeral anual os mecanismos de seguimento e avaliación do programa que permitan valorar os resultados obtidos e establecer, cando cumpra, propostas de mellora, que deberán reflectirse na memoria final de cada curso.

2. Correspóndelle á Inspección Educativa supervisar o proceso de implantación e desenvolvemento do programa, prestándolle especial atención á práctica docente, así como a proposta de medidas de mellora.

Ao remate de cada ciclo formativo, co fin de verificar o grao de dominio da lingua estranxeira, o alumnado do programa plurilingüe poderá participar no procedemento de avaliación que determine a Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades.

Décimo quinto. Información básica sobre protección de datos de carácter persoal

Os datos persoais recadados neste procedemento serán tratados na súa condición de responsable do tratamento pola Xunta de Galicia, Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades, coa finalidade de levar a cabo a tramitación administrativa que derive da xestión deste procedemento e a actualización da información e dos contidos da Carpeta cidadá.

O tratamento dos datos baséase no cumprimento dunha misión de interese público ou no exercicio de poderes públicos, segundo o disposto na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación (modificada pola Lei orgánica 3/2020, do 29 de decembro), e no Decreto 79/2010, do 20 de maio, para o plurilingüismo no ensino non universitario de Galicia, conforme a normativa recollida na ficha do procedemento incluída na Guía de procedementos e servizos, no propio formulario anexo e nas referencias recollidas en https://www.xunta.gal/informacion-xeral-proteccion-datos

Os datos serán comunicados ás administracións públicas no exercicio das súas competencias, cando sexa necesario para a tramitación e a resolución dos seus procedementos ou para que a cidadanía poida acceder de xeito integral á información relativa a unha materia.

As persoas interesadas poderán solicitar ante o responsable do tratamento o acceso, rectificación, limitación, oposición e supresión dos seus datos, a través da sede electrónica da Xunta de Galicia ou nos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común, segundo se recolle en https://www.xunta.gal/exercicio-de-dereitos

O/a director/a de cada escola de arte e superior de deseño deberá informar conforme o previsto nos parágrafos anteriores as persoas cuxos datos se inclúan na correspondente solicitude ou na documentación anexa a esta.

Disposición adicional. Ciclos formativos de grao medio

A mención aos dous cursos de duración dun ciclo formativo plurilingüe a que se fai referencia nesta resolución reducirase a un ano no caso dos ciclos formativos de grao medio.

Disposición derradeira. Entrada en vigor

Esta resolución entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 8 de xuño de 2022

José Luis Mira Lema
Director xeral de Formación Profesional

ANEXO

PROCEDEMENTO

DOCUMENTO

PARTICIPACIÓN NOS CICLOS FORMATIVOS PLURILINGÜES

SOLICITUDE

DATOS DO CENTRO

CÓDIGO

NOME

DATOS DA PERSOA SOLICITANTE

NOME

PRIMEIRO APELIDO

SEGUNDO APELIDO

NIF

TIPO DE VÍA

NOME DE VÍA

NÚMERO

BLOQUE

ANDAR

PORTA

PARROQUIA

LUGAR

CÓDIGO POSTAL

PROVINCIA

CONCELLO

LOCALIDADE

TELÉFONO

TELÉFONO MÓBIL

CORREO ELECTRÓNICO

E NA SÚA REPRESENTACIÓN (deberá acreditarse a representación fidedigna por calquera medio válido en dereito)

NOME

PRIMEIRO APELIDO

SEGUNDO APELIDO

NIF

EN CALIDADE

RELACIÓN DE CICLOS E DE MÓDULOS QUE SE IMPARTIRÁN EN IDIOMA ESTRANXEIRO

Código do

ciclo

Ciclo

Código do módulo

Módulo

Curso

Idioma de impartición

DOCUMENTACIÓN QUE SE PRESENTA

☐ Proxecto de desenvolvemento dos ciclos formativos plurilingües coa concreción para o primeiro curso dos ciclos formativos, curso académico 2022/23, e a planificación para o segundo curso dos ciclos, curso académico 2023/24.

INFORMACIÓN BÁSICA SOBRE PROTECCIÓN DE DATOS PERSOAIS

Responsable do tratamento

Xunta de Galicia. Consellería ou entidade a que se dirixe esta solicitude, escrito ou comunicación.

Finalidades do tratamento

A tramitación administrativa que derive da xestión deste formulario.

Lexitimación para o tratamento

O cumprimento dunha tarefa de interese público ou o exercicio de poderes públicos:

• Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación.

• Decreto 79/2010, do 20 de maio, para o plurilingüismo no ensino non universitario de Galicia.

segundo a normativa recollida no formulario, na páxina https://www.xunta.gal/informacion-xeral-proteccion-datos e na ficha do procedemento na Guía de procedementos e servizos.

Persoas destinatarias dos datos

As administracións públicas no exercicio das súas competencias, cando sexa necesario para a tramitación e resolución dos seus procedementos ou para que as persoas interesadas poidan acceder de forma integral á información relativa a unha materia.

Exercicio de dereitos

As persoas interesadas poderán solicitar ante o responsable do tratamento o acceso, rectificación, limitación, oposición e supresión dos seus datos, a través da sede electrónica da Xunta de Galicia ou nos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común, segundo se recolle en https://www.xunta.gal/exercicio-de-dereitos

Contacto delegado de protección

de datos e máis información

https://www.xunta.gal/informacion-xeral-proteccion-datos

Actualización normativa: no caso de existiren diferentes referencias normativas en materia de protección de datos persoais neste procedemento, prevalecerán en todo caso as relativas ao Regulamento xeral de protección de datos.

LEXISLACIÓN APLICABLE

Resolución do 8 de xuño de 2022, da Dirección Xeral de Formación Profesional, pola que se regulan os ciclos formativos plurilingües nas ensinanzas profesionais de artes plásticas e deseño (PluriArt) para o curso 2022/23.

SINATURA DA PERSOA SOLICITANTE OU REPRESENTANTE

Lugar e data

,

de

de

2022

Director xeral de Formación Profesional

Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades

Edificio Administrativo San Caetano

15781 Santiago de Compostela