Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 116 Venres, 17 de xuño de 2022 Páx. 35058

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Vilardevós

ANUNCIO de aprobación da oferta de emprego público para a estabilización do emprego temporal.

Mediante Resolución da Alcaldía deste concello do 26 de maio de 2022 aprobouse a oferta de emprego público para a estabilización de emprego temporal, que cumpre as previsións da Lei 20/2021, do 28 de decembro, de medidas urxentes para a redución da temporalidade no emprego público, correspondente á/s praza/s que a seguir se relacionan:

Persoal laboral:

Grupo de clasificación

Categoría laboral

Vacantes

Data de adscrición

Auxiliar administrativo de servicios sociais

Indefinido fixo

1

2006

Profesora do Programa de educación familiar

Indefinido fixo

1

2002

En cumprimento do artigo 91 da Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das bases de réxime local, e o artigo 70.2 do texto refundido da Lei do Estatuto básico do empregado público aprobado polo Real decreto lexislativo 5/2015, do 30 de outubro, publícase a oferta de emprego público para a estabilización de emprego temporal do Concello de Vilardevós, no Diario Oficial de Galicia.

Esta mesa de negociación acorda a publicación da convocatoria para a cobertura das prazas incluídas na oferta para a estabilización temporal que deberá ser antes do 31 de decembro de 2022 e a súa resolución antes do 31 de decembro de 2024. Ao mesmo tempo, acórdase recoñecer a condición de fixeza de ambas as prazas, polo que non se procedería coa estabilización.

Contra a presente resolución, que pon fin á vía administrativa, pode interpor alternativamente recurso de reposición potestativo ante o alcalde, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da publicación do presente anuncio, de conformidade cos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, ou recurso contencioso-administrativo, ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Ourense ou, á súa elección, o que corresponda ao seu domicilio, no prazo de dous meses, contado desde o día seguinte ao da recepción da presente notificación, de conformidade co artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, da xurisdición contencioso-administrativa. Se se opta por interpor o recurso de reposición potestativo non poderá interpor recurso contencioso-administrativo ata que aquel sexa resolto expresamente ou se produza a súa desestimación por silencio.

Todo iso sen prexuízo de que poida interpor calquera outro recurso que considere máis conveniente ao seu dereito.

Vilardevós, 27 de maio de 2022

Manuel Cardoso Pérez
Alcalde