Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 118 Martes, 21 de xuño de 2022 Páx. 35682

III. Outras disposicións

Universidade de Santiago de Compostela

RESOLUCIÓN do 9 de xuño de 2022 pola que se acorda publicar o extracto dos estados de ingresos e gastos do orzamento para o exercicio económico do ano 2022.

O Consello Social da Universidade de Santiago de Compostela (en adiante, USC), na reunión que tivo lugar o día 30 de maio de 2022, de conformidade co disposto no artigo 14.2, alínea segunda, da Lei orgánica 6/2001, do 21 de decembro, de universidades (LOU), modificada pola Lei orgánica 4/2007, do 12 de abril, así como no artigo 75.3, letra c), da Lei 6/2013, do 13 de xuño, do Sistema universitario de Galicia, acordou a aprobación do orzamento desta universidade para o exercicio económico do ano 2022.

Por conseguinte, esta reitoría, sobre a base do establecido polo artigo 81 e concordantes da citada LOU, resolve ordenar a publicación no Diario Oficial de Galicia dun resumo do referido orzamento, tanto no seu estado de ingresos como de gastos, por unha contía inicial en cada un deles de 274.962.075 euros, segundo se recolle no anexo.

O documento completo figura publicado no taboleiro electrónico da USC, ao cal se accede na seguinte ligazón: https://sede.usc.es/sede/publica/taboleiro/inicio.htm. Igualmente, pódese consultar na información económica contida na páxina web da Xerencia: https://www.usc.es/gl/goberno/xerencia/

Santiago de Compostela, 9 de xuño de 2022

Antonio López Díaz
Reitor da Universidade de Santiago de Compostela

ANEXO

Clasificación económica
Resumo do orzamento por capítulos en ingresos e gastos

Ingresos

Capítulo

Ingresos non afectados

Ingresos afectados

Ingresos totais en euros

III

Prezos públicos e outros ingresos

24.937.500

9.861.000

34.798.500

IV

Transferencias correntes

145.812.260

4.812.500

150.624.760

V

Ingresos patrimoniais

620.000

0

620.000

VI

Alleamento de investimentos reais

0

0

0

VII

Transferencias de capital

32.899.295

56.019.520

88.918.815

IX

Pasivos financeiros

0

0

0

Total orzamento de ingresos

204.269.055

70.693.020

274.962.075

Gastos

Capítulo

Gastos non afectados

Gastos afectados

Gastos totais en euros

I

Gastos de persoal

163.025.000

0

163.025.000

II

Gastos correntes

25.542.270

2.155.000

27.697.270

III

Gastos financeiros

625.000

0

625.000,00

IV

Transferencias correntes

2.199.625

1.800.000

3.999.625

V

Fondo de continxencia e outros imprevistos

750.000

0

750.000

VI

Investimentos reais

9.502.160

66.738.020

76.240.180

IX

Pasivos financeiros

2.625.000

0

2.625.000

Total orzamento de gastos

204.269.055

70.693.020

274.962.075