Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 118 Martes, 21 de xuño de 2022 Páx. 35734

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Santiago de Compostela

ANUNCIO de información pública do estudo de detalle da parcela B4b01c do parque empresarial da Sionlla.

A Xunta de Goberno Local do Concello de Santiago de Compostela, na sesión ordinaria celebrada o 16 de maio de 2022, adoptou o seguinte acordo:

Primeiro. Aprobar inicialmente o estudo de detalle da parcela B4b01c do parque empresarial da Sionlla, segundo o proxecto presentado o 25 de xaneiro de 2022, por Financiera Maderera, S.A., asinado polo equipo técnico IDOM Consulting.

Segundo. En aplicación do procedemento regulado polos artigos 80.2 da Lei 2/2016, do solo de Galicia (LSG), e 194 do seu Regulamento (RLSG), o estudo de detalle inicialmente aprobado someterase a información pública durante o prazo dun mes, mediante anuncios que para o efecto se publicarán no Diario Oficial de Galicia e nun xornal dos de maior circulación na provincia. Simultaneamente, efectuarase a notificación individual aos titulares catastrais das parcelas afectadas.

Durante o trámite de información pública solicitarase o informe do director xeral do Patrimonio Cultural, en cumprimento do exixido polo artigo 34.2 da Lei 5/2016, do patrimonio cultural de Galicia.

Por aplicación do disposto nos artigos 47.2 da LSG e 86.2 do RLSG, o acordo de aprobación inicial determina, por si só, a suspensión do procedemento de outorgamento das licenzas de parcelación, edificación e derruba durante o prazo de dous anos, contados desde o acordo da aprobación inicial.

O que se publica a fin de que, durante o prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio, os interesados poidan consultar o expediente e formular as alegacións que xulguen oportunas. A documentación sometida a exposición pública estará a dispor dos interesados no Servizo de Planeamento e Xestión Urbanística do Concello de Santiago (Pazo de Raxoi, 2º andar), de luns a venres, das 9.00 á 14.00 horas; e na páxina web do Concello https://transparencia.santiagodecompostela.gal/Estudo-detalle-parcela-B4b01c-Parque-Empresarial-Sionlla/gl

As alegacións poderán presentarse na sede electrónica do Concello de Santiago de Compostela na epígrafe «Catálogo de trámites» a través do trámite «Presentación de documentación e alegacións» e da opción «Achega libre». Deberase introducir o dato 2022/4336E no campo «Código do expediente» e incorporar o documento das alegacións.

Tamén se poderán presentar as alegacións por calquera dos outros medios relacionados no artigo 16 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Santiago de Compostela, 16 de maio de 2022

O alcalde
P.D. (DEC/4742/2019, do 17 de xuño de 2019)
Mercedes Rosón Ferreiro
Concelleira delegada de Urbanismo, Vivenda e Cidade Histórica