Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 118 Martes, 21 de xuño de 2022 Páx. 35733

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Parada de Sil

ANUNCIO da aprobación da oferta de emprego público extraordinaria para a estabilización do emprego temporal.

Mediante o Decreto de Alcaldía 2022-0070, do 26 de maio de 2022, aprobouse a oferta de emprego público extraordinaria para a estabilización do emprego temporal do Concello de Parada de Sil, correspondente ás seguintes prazas:

Persoal laboral

Denominación da praza

Grupo

Número prazas

Xornada

Sistema de acceso

Auxiliar do servizo de axuda no fogar

5

2

Parcial

Concurso (1)

Concurso-oposición (1)

Limpadora de edificios municipais

5

1

Parcial

Concurso

Técnico de turismo (fixo/a descontinuo 9 meses)

2

1

Completa

Concurso

Auxiliar de información turística (fixo/a descontinuo 9 meses)

5

1

Completa

Concurso

Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, pode interpor ben recurso de reposición potestativo ante a Alcaldía, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio, de conformidade cos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, ben recurso contencioso-administrativo, ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Ourense, no prazo de dous meses contado desde o día seguinte ao da recepción desta notificación, de conformidade co artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, da xurisdición contencioso-administrativa. Se se opta por interpor o recurso potestativo de reposición, non poderá interpor recurso contencioso-administrativo ata que aquel sexa resolto expresamente ou se produza a súa desestimación por silencio.

Parada de Sil, 26 de maio de 2022

Aquilino Domínguez Díaz
Alcalde presidente