Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 119 Mércores, 22 de xuño de 2022 Páx. 35841

IV. Oposicións e concursos

Servizo Galego de Saúde

RESOLUCIÓN do 13 de xuño de 2022, da Dirección Xeral de Recursos Humanos, pola que se fan públicos os acordos dos tribunais que xulgan o proceso selectivo para o ingreso nas categorías de médico/a de urxencias hospitalarias e médico/a asistencial do 061, convocado pola Resolución do 13 de decembro de 2019, relativos á baremación definitiva da fase de concurso e á publicación dos/das aspirantes seleccionados/as.

A base oitava da Resolución da Dirección Xeral de Recursos Humanos do 13 de decembro de 2019 (Diario Oficial de Galicia núm. 246, do 27 de decembro), pola que se convoca concurso-oposición para o ingreso nas categorías de médico/a de urxencias hospitalarias e médico/a asistencial do 061, modificada pola Resolución do 21 de decembro de 2020, dispón que contra os resultados da baremación provisional, os/as aspirantes que o consideren oportuno poderán presentar reclamación ante o propio tribunal no prazo de dez días hábiles contados a partir do seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Á vista das reclamacións presentadas ou apreciado de oficio polo órgano de selección algún erro material na baremación provisional asignada aos/ás aspirantes, o tribunal practicará as oportunas correccións e aprobará as puntuacións definitivas da fase de concurso e a relación de aspirantes seleccionados/as, pola orde de puntuación acadada nas diferentes quendas de acceso, e elevará esta relación á autoridade convocante para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Na base novena da citada resolución disponse, ademais, que os/as aspirantes definitivamente seleccionados/as disporán do prazo de un mes contado desde o día seguinte ao desta publicación para a presentación da documentación preceptiva exixida na convocatoria.

De conformidade co anteriormente exposto, esta dirección xeral, como órgano convocante do proceso,

RESOLVE:

Primeiro. Publicar na páxina web do Servizo Galego de Saúde (www.sergas.es), os acordos dos tribunais relativos á puntuación definitiva da fase de concurso obtida polas persoas aspirantes que superaron a fase de oposición do proceso selectivo para o ingreso nas categorías de médico/a de urxencias hospitalarias e médico/a asistencial do 061, convocado pola Resolución do 13 de decembro de 2019, modificada pola Resolución do 21 de decembro de 2020.

Cada aspirante poderá consultar, ademais, o detalle da puntuación obtida nas distintas epígrafes do baremo, no seu expediente electrónico persoal en Fides/expedient-e/sección de procesos.

Segundo. Publicar, como anexo desta resolución, a relación dos/das aspirantes seleccionados/as neste proceso, segundo a orde de puntuación acadada nas diferentes quendas de acceso de conformidade co número de prazas convocadas e a previsión contida na base 1.4.3 da resolución de convocatoria.

Terceiro. De conformidade coa base 9.1 da convocatoria, os/as aspirantes seleccionados/as que se relacionan no anexo desta resolución disporán do prazo de un mes contado desde o día seguinte ao da súa publicación para a presentación da seguinte documentación:

a) Declaración baixo a súa responsabilidade de non ter sido separado/a do servizo, mediante expediente disciplinario, de calquera servizo de saúde ou Administración pública nos seis anos anteriores á convocatoria, nin estar inhabilitado/a con carácter firme para o exercicio de funcións públicas nin, de ser o caso, para a correspondente profesión.

No caso dos/das nacionais doutro Estado, non atoparse inhabilitado/a, por sanción ou pena, para o exercicio profesional ou para o acceso a funcións ou servizos públicos nun Estado membro, nin ser separado/a, por sanción disciplinaria, dalgunha das administracións ou servizos públicos nos seis anos anteriores á convocatoria.

b) Certificado médico oficial en que se acredite a capacidade funcional necesaria para o desempeño das funcións propias da categoría.

c) Por exixencia do artigo 57 da Lei orgánica 8/2021, do 4 de xuño, de protección integral á infancia e a adolescencia fronte á violencia, certificación do Rexistro Central de Delincuentes Sexuais e de Trata de Seres Humanos de non ter sido condenado/a por sentenza firme por algún delito contra a liberdade e indemnidade sexual ou, na súa falta, autorización escrita ao Servizo Galego de Saúde para consultar os datos contidos no citado rexistro e solicitar no seu nome a oportuna certificación.

Esta autorización deberá prestarse no modelo que para o efecto consta na páxina web do Servizo Galego de Saúde, no punto relativo a emprego público (www.sergas.es/emprego público).

d) Declaración xurada ou promesa de non ter a condición de persoal estatutario fixo da mesma categoría á que opta.

e) Os/as aspirantes seleccionados/as que accederon pola quenda de persoas con discapacidade deberán achegar neste prazo, ademais da documentación anterior, orixinal ou certificación compulsada acreditativa do mantemento dos requisitos para acceder pola correspondente quenda, de non ter carácter definitivo a resolución pola que se lle recoñeceu a discapacidade, e que foi achegada dentro do prazo de presentación de solicitudes.

De conformidade coa base 9.2 da Resolución do 13 de decembro de 2019, os/as que dentro do prazo fixado non presentasen a documentación ou do exame dela se deducise que carecen dalgún dos requisitos para participar no proceso selectivo, non poderán ser nomeados/as persoal estatutario fixo e quedarán anuladas as súas actuacións, sen prexuízo da responsabilidade en que incorresen por falsidade na solicitude inicial.

Cuarto. Só para os efectos de elección de destino, de conformidade co artigo 9 do Real decreto 2271/2004, do 3 de decembro, polo que se regula o acceso ao emprego público e a provisión de postos de traballo das persoas con discapacidade, os/as aspirantes que superasen o concurso-oposición pola quenda reservada a persoas con discapacidade, poderán solicitar á autoridade convocante, no prazo que se indica no punto terceiro desta resolución, a alteración da orde de prelación para a elección das prazas por motivos de dependencia persoal, dificultades de desprazamento ou outras análogas, que deberán ser debidamente acreditados.

Quinto. A documentación requirida nesta resolución deberá presentarse nun rexistro administrativo ou a través de calquera dos procedementos previstos no artigo 16 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, e deberá dirixirse á Dirección Xeral de Recursos Humanos do Servizo Galego de Saúde, Edificio Administrativo San Lázaro, s/n, 15703, Santiago de Compostela.

Sexto. Esta resolución poderá ser impugnada nos termos previstos na base XI da Resolución de convocatoria do proceso, do 13 de decembro de 2019 (Diario Oficial de Galicia núm. 246, do 27 de decembro).

Santiago de Compostela, 13 de xuño de 2022

Ana María Comesaña Álvarez
Directora xeral de Recursos Humanos

ANEXO I

Médico/a asistencial do 061

DNI

Apelidos e nome

Acceso

OPE

Formación

Experiencia

Docencia, investigación e innovación

Total

1

***1652**

GONZALEZ BELMONTE, GRACIELA

LI

45,500

10,550

21,650

0,702

78,402

2

***2879**

GANDARA QUINTAS, CARMEN MARIA

LI

46,125

11,530

18,150

1,278

77,083

3

***2932**

BASADRE RODRIGUEZ, BIBIANA

LI

41,500

10,694

22,000

1,173

75,367

4

***7986**

PAVON PRIETO, MARIA DEL PILAR

LI

43,250

11,590

17,450

1,847

74,137

5

***1454**

PENAS FERNANDEZ, MARCOS

LI

47,000

10,540

8,750

0,266

66,556

6

***6101**

FERNANDEZ COUCE, FRANCISCO JAVIER

LI

42,625

10,530

11,076

1,500

65,731

7

***6124**

GOMEZ GOMEZ, NATALIA

LI

50,375

11,600

2,900

0,741

65,616

8

***1360**

CASTRO ABELLA, MARIA JESUS

PI

50,000

10,500

11,144

0,689

72,333

9

***1621**

MUÑOZ GARCIA, JOSE LUIS

PI

47,250

11,176

9,550

1,800

69,776

10

***1356**

UCHA SOUTO, MARIA DOLORES

PI

44,250

11,570

7,920

1,000

64,740

Médico/a de urxencias hospitalarias

DNI

Apelidos e nome

Acceso

OPE

Formación

Experiencia

Docencia, investigación e innovación

Total

1

***7965**

PINEDA GURREA, ADRIAN

DI

29,750

11,560

22,000

1,008

64,318

2

***0222**

GOMEZ GARCIA, SUSANA

DI

36,875

10,500

4,150

1,017

52,542

3

***9228**

SIXTO CARREIRA, CRISTINA

LI

45,000

11,670

22,000

1,800

80,470

4

***6227**

GRANDIO SANJUAN, JAVIER

LI

46,875

10,610

22,000

0,466

79,951

5

***3945**

ROMERO CASTRO, SANDRA

LI

46,250

10,620

21,675

0,237

78,782

6

***2169**

CERDEIRA IGLESIAS, NURIA

LI

44,500

11,550

22,000

0,016

78,066

7

***3131**

IGLESIAS CAAMAÑO, MARIA

LI

46,750

6,576

22,000

2,256

77,582

8

***0434**

RODRIGUEZ BOUZADA, NATIVIDAD

LI

41,625

10,580

22,000

2,600

76,805

9

***6931**

CAMARERO ARAGON, MARIA LORETO

LI

42,625

10,253

21,600

1,000

75,478

10

***2001**

CUEVAS DURAN, MARIA TERESA

LI

42,625

7,799

22,000

2,990

75,414

11

***1384**

PEREZ CARRAL, OSCAR

LI

41,875

11,560

20,019

1,600

75,054

12

***9915**

VARELA ALLER, SILVIA

LI

40,375

10,580

22,000

1,417

74,372

13

***4713**

MORAL NAVAZO, NOEMI

LI

40,375

10,600

22,000

1,148

74,123

14

***0637**

GARCIA JARES, OLALLA

LI

39,250

11,014

22,000

1,600

73,864

15

***8158**

FERNANDEZ SAA, ZARA

LI

40,375

9,528

22,000

1,933

73,836

16

***0135**

VILLANUEVA GARCIA, YOLANDA

LI

42,125

10,550

20,500

0,195

73,370

17

***7040**

DURAN ROSENDE, ANA BELEN

LI

37,875

11,540

22,000

1,934

73,349

18

***4178**

RUBIO FRANCOS, MONTSERRAT

LI

38,000

11,520

22,000

1,600

73,120

19

***1174**

LOPEZ SEIJAS, CARMEN SANDRA

LI

39,750

11,550

19,400

2,000

72,700

20

***7825**

VAZQUEZ MASCATO, ADRIAN

LI

44,625

10,570

16,662

0,734

72,591

21

***3592**

CORTES AYASO, MARIA

LI

42,875

10,550

17,200

1,081

71,706

22

***9712**

SANCHEZ SINDIN, MARIA GORETTI

LI

37,250

10,550

22,000

1,900

71,700

23

***2526**

GARCIA ALVAREZ, SHEILA MONICA

LI

43,500

11,540

15,022

1,602

71,664

24

***3493**

IGLESIAS YAÑEZ, MARTA ALICIA

LI

49,125

8,260

12,451

1,487

71,323

25

***7571**

DIZ TOME, ISABEL

LI

36,125

11,660

22,000

1,400

71,185

26

***7642**

PRADO GOMEZ, NELIDA ELSA

LI

44,625

10,560

15,342

0,121

70,648

27

***6036**

CHILLON ARCE, ROBERTO

LI

33,750

11,550

22,000

3,146

70,446

28

***6421**

HERNANDEZ CASTAÑO, VICTORINA

LI

36,500

10,520

22,000

1,000

70,020

29

***8177**

LADO ARGIBAY, MANUEL

LI

45,750

10,570

12,123

1,568

70,011

30

***2907**

DELGADO SARDINA, VIOLETA

LI

43,625

10,500

14,900

0,978

70,003

31

***8851**

AGREDA LOPEZ, HUGO

LI

36,250

10,520

21,250

1,600

69,620

32

***7224**

DOMINGUEZ LOUREIRO, PATRICIA

LI

35,750

11,570

22,000

0,229

69,549

33

***6913**

BAZARRA CAROU, RAQUEL

LI

37,250

7,663

22,000

2,600

69,513

34

***4062**

MELERO LORENZO, SABELA

LI

45,625

10,590

13,252

0,000

69,467

35

***8011**

BARCALA DEL CAÑO, FATIMA GENOVEVA

LI

41,625

9,485

16,000

2,296

69,406

36

***8046**

GRAÑA FERNANDEZ, SABELA

LI

36,250

10,550

22,000

0,372

69,172

37

***6101**

FERNANDEZ COUCE, FRANCISCO JAVIER

LI

35,125

10,530

22,000

1,500

69,155

38

***7374**

MARX , SVEN OLIVER

LI

36,875

9,399

22,000

0,400

68,674

39

***2806**

LOPEZ LOPEZ, SANDRA

LI

35,250

8,930

22,000

2,150

68,330

40

***1900**

MOSQUERA GOMEZ, PATRICIA

LI

37,875

8,315

21,000

1,100

68,290

41

***1107**

ROCA FERNANDEZ, FRANCISCO JAVIER

LI

37,875

6,270

22,000

1,600

67,745

42

***3155**

ALONSO ALVAREZ, FRANCISCO JUAN

LI

38,625

4,477

22,000

1,834

66,936

43

***8843**

PEREZ ANTOLIN, PABLO IAGO

LI

39,375

10,540

16,000

0,925

66,840

44

***9549**

SOUSA OTERO, JOSEFA

LI

41,875

11,610

12,200

1,000

66,685

45

***6292**

GARZON GUITERIA, MARIA PILAR

LI

31,625

11,520

22,000

1,445

66,590

46

***3715**

PEREZ LORENZO, MARIA LUISA

LI

44,875

7,652

12,200

1,552

66,279

47

***7317**

ALLER GOMEZ, CAROLINA

LI

41,875

10,570

13,015

0,534

65,994

48

***4594**

PAREDES PARDO, VANESA

LI

42,375

10,560

12,155

0,847

65,937

49

***6138**

PARDIÑAS MARTINEZ, CRISTINA

LI

32,625

7,980

22,000

2,800

65,405

50

***1354**

SARMIENTO GARCIA, VICTORIA ELENA

LI

41,250

10,570

12,422

0,860

65,102

51

***2806**

VIDAL RUIZ, JUAN ANTONIO

LI

33,250

8,620

22,000

0,963

64,833

52

***2337**

SUAREZ ALEN, SOFIA

LI

36,875

6,705

21,100

0,100

64,780

53

***7986**

PAVON PRIETO, MARIA DEL PILAR

LI

33,750

11,590

17,300

1,847

64,487

54

***8043**

LORENZO GONZALEZ, GUILLERMO JOSE

LI

36,500

4,920

22,000

1,000

64,420

55

***6113**

RODRIGUEZ CALVEIRO, RAQUEL

LI

37,250

10,560

14,600

1,952

64,362

56

***4788**

FERNANDEZ GONZALEZ, IRIA

LI

40,750

10,570

12,355

0,661

64,336

57

***5973**

TEIJO VAZQUEZ, TANIA

LI

36,625

10,560

16,982

0,100

64,267

58

***3998**

LOPEZ FERNANDEZ, TANIA

LI

37,875

10,550

14,600

1,108

64,133

59

***2777**

CANITROT LOPEZ, ANA CRUZ

LI

42,250

7,968

11,750

1,046

63,014

60

***8548**

ANGEL BARBA, ISABEL

LI

31,125

10,560

19,400

1,160

62,245

61

***4764**

ALEN BARJA, LETICIA

LI

39,750

10,560

10,270

1,106

61,686

62

***8165**

TEIJEIRO BLANCO, PILAR

LI

42,250

10,550

8,500

0,000

61,300

63

***1814**

MARTINEZ MULLOR, CRISTINA BELEN

LI

39,500

10,580

10,532

0,550

61,162

64

***0187**

ROBLES SANCHEZ, CRISTINA COVADONGA

LI

36,625

9,320

13,050

1,912

60,907

65

***0292**

GONZALEZ FRIEIRO, NURIA

LI

44,250

7,061

8,600

0,914

60,825

66

***7489**

ESCANLAR MONTESERIN, MARIA ESTHER

LI

28,000

10,800

20,200

1,800

60,800

67

***0493**

MARTINEZ BALADRON, ANDREA

LI

43,000

10,540

6,200

0,825

60,565

68

***7508**

GIRALDEZ MARTINEZ, PATRICIA

LI

32,750

8,510

17,300

1,807

60,367

69

***7012**

PIÑEIRO LOPEZ, ANGEL

LI

32,375

4,455

22,000

1,200

60,030

70

***7705**

MOLINA IGLESIAS, OLIVA

LI

30,875

5,400

22,000

1,200

59,475

71

***6366**

FERREIRO URIZ, OSCAR

LI

38,250

10,590

10,454

0,000

59,294

72

***6635**

REMUIÑAN RODRIGUEZ, BEATRIZ

LI

36,375

10,600

10,401

1,311

58,687

73

***2437**

FARIÑA DIAZ, LUCIA

LI

34,375

10,580

13,210

0,100

58,265

74

***6682**

FORJAN SANTOS, MARIA

LI

34,625

10,500

12,816

0,100

58,041

75

***8282**

SARASQUETE FARIÑA, PABLO

LI

40,125

10,500

7,200

0,087

57,912

76

***6900**

GONZALEZ FERMOSO, MARTA

LI

33,375

10,570

11,708

1,843

57,496

77

***7782**

PEREZ CARRAL, VERONICA

LI

37,875

10,335

8,000

1,163

57,373

78

***1822**

FERNANDEZ VAL, MONSERRAT

LI

35,125

10,550

11,500

0,000

57,175

79

***5065**

PARAJES VAZQUEZ, TERESA

LI

38,250

10,730

7,234

0,605

56,819

80

***7669**

CHAPELA CASTAÑO, MARIA TERESA

LI

35,000

10,560

10,602

0,000

56,162

81

***8010**

DOPICO GARCIA, ANGELA

LI

33,875

10,500

10,800

0,918

56,093

82

***9930**

PAZOS GONZALEZ, JESICA

LI

36,500

10,500

8,600

0,448

56,048

83

***6122**

SANCHEZ FERNANDEZ-LINARES, ELENA

LI

34,750

9,420

10,650

0,711

55,531

84

***8983**

DOMINGUEZ ANTELO, MARIA CRISTINA

LI

34,875

11,540

6,250

2,700

55,365

85

***4809**

REY GONZALEZ, LARA

LI

40,625

10,474

3,100

1,064

55,263

86

***0703**

GARCIA MARTINEZ, JUAN JOSE

LI

34,500

4,515

15,700

0,400

55,115

87

***3225**

ROMERO BARRIO, FRANCISCO

LI

30,125

7,590

16,310

0,943

54,968

88

***5324**

BARREIRO DIAZ, MARIA VICTORIA

PI

38,250

10,610

13,450

4,000

66,310

89

***9711**

QUINTELA MARTINEZ, JOSE

PI

35,125

7,860

12,300

0,370

55,655

Acceso: DI: discapacidade xeral; LI: libre; PI: promoción interna.

(*) Ocúltase parcialmente o número de documento nacional de identidade para preservar os datos de carácter persoal, de acordo coa Lei orgánica 3/2018, do 5 de decembro.