Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 119 Mércores, 22 de xuño de 2022 Páx. 35838

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades

ORDE do 8 de xuño de 2022 pola que se modifica o anexo II da Orde do 20 de novembro de 2019 pola que se dá publicidade ás titulacións que permiten a incorporación ás listas de aspirantes a desempeñar postos docentes en réxime de interinidades e substitucións dos corpos de mestres, de profesores de ensino secundario, de profesores técnicos de formación profesional e de profesores de escolas oficiais de Idiomas que imparten as ensinanzas reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación, en centros docentes desta consellería.

Mediante a Orde do 20 de novembro de 2019, deuse publicidade ás titulacións que permiten a incorporación ás listas de aspirantes a desempeñar postos docentes en réxime de interinidades e substitucións dos corpos de mestres, de profesores de ensinanza secundaria, de profesores técnicos de formación profesional e de profesores de escolas oficiais de idiomas que imparten as ensinanzas reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación, en centros docentes da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades (DOG núm. 235, do 11 de decembro).

A Orde de 10 de febreiro de 2022 (DOG núm. 35, do 21 de febreiro) modifica o anexo II da Orde do 20 de novembro de 2019 no que se refire á especialidade de Física e Química do corpo de profesores de ensino secundario para incluír a titulación de Enxeñaría de Minas como unha das titulacións que permiten a incorporación ás listas desta especialidade en execución da sentenza firme ditada no procedemento ordinario 322/2020 pola sala do contencioso-administrativo, sección primeira, do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.

Así mesmo, incluíronse os títulos de grao correspondentes á dita titulación entre os que figuraban as titulacións de grao en Enxeñaría da Tecnoloxía de Minas e Enerxía, Enxeñaría de Recursos Enerxéticos e Mineiros, Enxeñaría de Recursos Mineiros e Enerxéticos, Enxeñaría de Tecnoloxía de Minas e Enerxía, Enxeñaría dos Recursos Mineiros e Enerxéticos, Enxeñaría en Recursos Enerxéticos e Mineiros e Enxeñaría Mineira e Enerxética.

Pola súa vez, analizado o plan de estudos da titulación de grao en Enxeñería da Enerxía, procede a súa incorporación entre as titulacións que permiten a incorporación ás listas da especialidade de Física e Química toda vez que a formación acadada nesta titulación en relación coa devandita especialidade é análoga á recibida nas titulacións relacionadas no parágrafo anterior.

Na súa virtude, esta Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades,

ACORDA:

Primeiro. Modificar o anexo II da Orde do 20 de novembro de 2019 (DOG núm. 235, do 11 de decembro), pola que se dá publicidade ás titulacións que permiten a incorporación ás listas de aspirantes a desempeñar postos docentes en réxime de interinidades e substitucións dos corpos de mestres, de profesores de ensinanza secundaria, de profesores técnicos de formación profesional e de profesores de escolas oficiais de idiomas que imparten as ensinanzas reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación, en centros docentes da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades, no que se refire á especialidade 590007: Física e Química, que queda redactado como segue:

590007-Física e química

Enxeñaría:

Aeronáutica

Camiños, canles e portos

Industrial

Minas

Naval e oceánica

Química

Telecomunicación

Licenciatura:

Bioquímica

Biotecnoloxía

Física

Química

Grao en:

Arquitectura naval

Arquitectura naval e enxeñaría de sistemas mariños

Arquitectura naval e enxeñaría marítima

Bioquímica

Bioquímica e bioloxía molecular

Bioquímica e ciencias biomédicas

Biotecnoloxía

Ciencias agrarias e bioeconomía

Ciencias e tecnoloxías de telecomunicación

Ciencias experimentais

Enxeñaría da enerxía

Enxeñaría da enerxía e sustentabilidade

Enxeñaría da tecnoloxía de minas e enerxía

Enxeñaría da tecnoloxía mineira

Enxeñería de enerxía e medioambiente

Enxeñería de enerxías renovables

Enxeñaría de recursos enerxéticos e mineiros

Enxeñaría de recursos mineiros e enerxéticos

Enxeñaría de tecnoloxía de minas e enerxía

Enxeñaría de tecnoloxías industriais

Enxeñaría de tecnoloxías mineiras

Enxeñaría dos recursos mineiros

Enxeñaría dos recursos mineiros e enerxéticos

Enxeñería en enerxías renovables e eficiencia enerxética

Enxeñaría en recursos enerxéticos e mineiros

Enxeñaría en tecnoloxía industrial

Enxeñaría en tecnoloxía mineira

Enxeñaría en tecnoloxías industriais

Enxeñaría mineira

Enxeñaría mineira e enerxética

Física

Mariña

Nanociencia e nanotecnoloxía

Náutica e transporte marítimo

Química

Tecnoloxía da enxeñaría civil

Segundo. A Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos adoptará todas as medidas que sexan precisas para o desenvolvemento desta orde.

Disposición derradeira. Entrada en vigor

Esta orde entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 8 de xuño de 2022

Román Rodríguez González
Conselleiro de Cultura, Educación,
Formación Profesional e Universidades