Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 119 Mércores, 22 de xuño de 2022 Páx. 35911

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade

RESOLUCIÓN do 19 de maio de 2022, da Dirección Xeral de Relacións Laborais, pola que se fai público o depósito da modificación dos estatutos de Médicos de Galicia Independientes (Omega), que agora pasa a denominarse Facultativos de Galicia Independientes (O´Mega).

En cumprimento do disposto no artigo 13.3 do Real decreto 416/2015, do 29 de maio, sobre depósito de estatutos das organizacións sindicais e empresariais, e para os efectos previstos nel, faise público que na correspondente oficina pública de depósito de estatutos de organizacións sindicais e empresariais desta dirección xeral se acordou depositar o acordo de modificación dos estatutos de Médicos de Galicia Independientes (Omega), en que se modifica, entre outros artigos, a denominación, que agora pasa a ser Facultativos de Galicia Independientes (O´Mega).

(https://expinterweb.mites.gob.es/deose/publico/copiaEstatutos)

– Ámbito territorial: Comunidade Autónoma de Galicia.

– Ámbito profesional: poderán afiliarse os sindicatos e asociacións profesionais de ámbito local, provincial ou autonómico de Galicia que estean constituídos na súa afiliación por facultativos sanitarios e/ou titulados superiores con vinculación na sanidade autonómica pública ou privada. Nas áreas sanitarias onde non exista unha organización sindical federada poderán afiliarse, a título persoal, os facultativos sanitarios e/ou titulados superiores con vinculación na sanidade autonómica pública ou privada que o soliciten.

– Asinante: Manuel Rodríguez Piñeiro e José Víctor Crespo Comesaña.

Santiago de Compostela, 19 de maio de 2022

Elena Mancha Montero de Espinosa
Directora xeral de Relacións Laborais