De conformidade co establecido no artigo 55 da Lei 1/2021, do 8 de xaneiro, de ordenación do territorio de Galicia, sométese a información pública durante o prazo dun mes, contado a partir da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia e Boletín Oficial da provincia de Lugo, a aprobación inicial do Proxecto de interese autonómico para a ampliación do parque empresarial do Corgo (Lugo).
Durante o prazo referido, calquera persoa poderá examinar a devandita documentación no Portal de transparencia e goberno aberto da Xunta de Galicia e na páxina web do Instituto Galego da Vivenda e Solo (IGVS) (https://igvs.xunta.gal/areas/solo-empresarial/plans-e-proxectos-de-parques-empresariais) e presentar ante o IGVS as alegacións, documentos e xustificacións que considere pertinentes.
Santiago de Compostela, 13 de xuño de 2022
Heriberto García Porto
Director xeral do Instituto Galego da Vivenda e Solo