De conformidade co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, ao resultar infrutuosos os intentos de notificación e/ou descoñecido o domicilio dos titulares, notifícaselle á persoa interesada que se sinala no anexo deste anuncio o trámite de audiencia efectuado no expediente de expropiación forzosa para a execución da obra de acondicionamento da AC-224, autostrada A-9, clave AC/01/064.01, no concello de Ordes.
As persoas interesadas dispoñen dun prazo de dez días, contados desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado, para compareceren nas oficinas da sede do Servizo Provincial da Axencia Galega de Infraestruturas na Coruña, sita na rúa Vicente Ferrer, 2, A Coruña, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, para o coñecemento íntegro do trámite de audiencia e constancia de tal coñecemento. Transcorrido o dito prazo de dez días sen se efectuar a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao do vencemento do prazo sinalado para comparecer.
A eficacia do acto queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único do Boletín Oficial del Estado.
A Coruña, 2 de xuño de 2022
Felipe de la Vega Gándaras
Xefe do Servizo Provincial da Coruña
ANEXO
Clave de obra |
Predio |
Interesado |
Acto que se notifica |
AC/01/064.01 |
19 |
Ignacio Iglesias López |
Trámite de audiencia no expediente de recoñecemento de dereito de cobramento por expropiación núm. LD-208 |