Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 120 Xoves, 23 de xuño de 2022 Páx. 36245

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Vedra

ANUNCIO da aprobación inicial do proxecto de expropiación por procedemento de taxación conxunta (2022/U040/000001).

Mediante Acordo do Pleno do Concello, do 27 de abril de 2022, aprobouse inicialmente o proxecto de expropiación, polo procedemento de taxación conxunta, nos termos da documentación técnica redactada e asinada por Isidro López Yáñez, arquitecto, e Beatriz Blanco Lois, enxeñeira técnica agrícola, para a adquisición de parte da parcela con referencia catastral 15090E50100139, incluída no sistema xeral SXP-3 adscrito ao SUD-1 e SUD-2 do vixente PXOM.

A finalidade é a de executar un ámbito de espazo público como parque infantil e de lecer para toda a veciñanza na parroquia de San Xián de Sales (Vedra).

De conformidade cos artigos 118 da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia, e 201 e seguintes do Regulamento de xestión urbanística, aprobado polo Real decreto 3288/1978, do 25 de agosto, sométese a información pública polo prazo dun mes, contados desde o día seguinte ao da publicación do presente anuncio do Diario Oficial de Galicia. Publicarase tamén nun dos xornais da provincia da Coruña.

Durante o mencionado prazo poderá ser examinado por calquera interesada/o nas dependencias municipais para que formulen as alegacións que xulguen pertinentes. Así mesmo, estará á disposición dos interesados na sede electrónica do concello (https://sede.vedra.es).

O presente anuncio servirá de notificación aos interesados, no caso de que non se poida efectuar a notificación persoal no trámite de audiencia.

O acordo de aprobación definitiva do expediente de taxación conxunta levará implícita a declaración de urxente ocupación dos bens e dereitos afectados.

Vedra, 2 de xuño de 2022

Carlos Martínez Carrillo
Alcalde